18/10/2020

O Encargado do día


Cada día un neno/a é o encargado de facer a asamblea onde realizamos distintas tarefas.

-Abrimos as caixas para ver que está na escola





-Fai o seu debuxo, escribe o seu nome e o seu número: aquí tedes os da semana pasada.





- Miramos o tempo, e metemos a pedriña no tarro que corresponde. Contamos as pedras que hai en cada un deles e asociamos a grafía do número.

- Tachamos o día anterior no calendario e rodeamos o día que é.
- Visualizamos os Bits de vocabulario.
-Colocamos as imaxes das tarefas que faremos ese día (o panel de anticipación, para ordear a secuencia temporal).

E  tamén....CANTAMOS!





Asamblea. Bo día from biblio BN on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XOGOS CON AUGA

 HOXE TIVEMOS O PATIO PARA NÓS SOLIÑOS! ASÍ QUE APROVEITÁMOLO AO MÁXIMO: -Lavamos e tendimos roupa, -Duchamos aos bebés. -Cociñamos con &quo...