21/10/2020

Reto 2: Chega información da casa

 Xa averiguamos moitas das cousas que necesita un peregrino/a para facer o camiño. Estade atentos...

Ademais aproveitamos a sesión TIC desta semana para xogar coas fotos facendo un STOP MOTION!


Reto 2: que precisamos from biblio BN on V

Detrás da cámara...




18/10/2020

BITS 2

 

Hotel de bechos

Un día no patio atopamos unha ARAÑA! E o día seguinte xa non estaba...
Como andan interesados na búsqueda de bechos, na hora de horto desta semana argallamos facer un hotel de bechos para poder ter sempre amiguiños que observar.

Arriba: Piñas

No medio: Paos (que logo decidimos cambiar)

Abaixo: Pedras



Remataremos a vindeira semana.



Venres con Katrina.

O Encargado do día


Cada día un neno/a é o encargado de facer a asamblea onde realizamos distintas tarefas.

-Abrimos as caixas para ver que está na escola





-Fai o seu debuxo, escribe o seu nome e o seu número: aquí tedes os da semana pasada.





- Miramos o tempo, e metemos a pedriña no tarro que corresponde. Contamos as pedras que hai en cada un deles e asociamos a grafía do número.

- Tachamos o día anterior no calendario e rodeamos o día que é.
- Visualizamos os Bits de vocabulario.
-Colocamos as imaxes das tarefas que faremos ese día (o panel de anticipación, para ordear a secuencia temporal).

E  tamén....CANTAMOS!





Asamblea. Bo día from biblio BN on Vimeo.

09/10/2020

Esquema corporal

 Unha das tarefas que fai cada día o encargado e debuxarse así mesmo, sendo consciente das partes do seu corpo.

Ademais tamén ten que "escribir" o seu nome e o seu número da aula...Os nosos primeiros encargados xa fixeron candanseu retrato. Mirade que artistas temos na aula!












Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...