03/10/2023

Momento de alfombra

 O momento da asamblea na alfombra, é a unión como grupo nada máis chegar e na que plantexamos as actividades que van a contecer durante o día. Sempre hai un compoñente motivador para captar a atención, e estimular a imaxinación ( obxectos tapados, paquetes pechados...) e outras que se repiten e dan seguridade para anticipar o que vai acontecer.

Neste momento de encontro  hai saúdos, cancións e conversas ( sempre hai tempo para escoitar aos nenos/as que sempre queren aportar algo ao grupo).

Presentamos toda a xornada cunha secuencia de imaxes (pictogramas) que avanza de xeito temporal, e que lemos de esquerda a dereita (educando tamén o ollo para a futura lectura).

Aquí podedes ver dous exemplos. O axudante do día vai elexinto que quere ir descubrindo primeiro.


Unha das actividades que se agochan é a inicial do axudante para comezar a traballar a conciencia fonética e o trazo da mesma.









Momento da relaxación

 Despois do patio, cando volvemos á escola temos sempre un momento de relaxación...

1º: facemos rutina de aseo (lavamos mans e imos ao baño)

2º bebemos auga, despois do momento de xogo

3º na alfombra escoitamos a canción da relaxación, e a pluma verde da calma fainos cóxegas, e despois as pompas de xabrón.



Unha vez que o corpo está relaxado, chega o momento da lectura do conto. 

Pero os martes, o conto é unha "poesía express". E escoitámola toda a escola xuntos na Biblio ou no Fedelleiro. 

Esta semana, un conto en rima: A casa da mosca chosca.






28/09/2023

Remata setembro

 Remata o primeiro mes de cole. Esta semana....


-Pintamos coas cores do outono:



- Seguimos traballando os números, o concepto de cantidade e o reparto cada día, alimentando ao noso "Peto"



-Xogamos descubrindo novos materiais: xardín de flores e bosque de outono, estimulando a nosa imaxinación e creatividade.


- Na asamblea sempre aparecen cousas novas. Esta semana apareceu unha PATACA. E con ela un BECHO DE 10 RAIAS: O escaravello da pataca. Xogamos a buscalos entre a area máxica.


- Por fin desfrutamos do parque!




-Visitamos a Biblio (en obras...) e a aula Rosa. Juan recibiunos cantando a canción de "Bo día". E atopámos moitas caras amigas!




- E conseguimos chegar ata a aula de psicomotricidade:




E aquí podedes ver pequenos momentos desta semana.


Novos espazos from biblio BN on Vimeo.

22/09/2023

Coñecemos a escola

 Esta semana fixemos unha excursión para coñecer o comedor:



Teacher Conchi ensinounos a canción de “Good Morning”




 

 Xogamos moito. Xa somos uns expertos construíndo cos xogos do Fedelleiro.


Primeiros días no Fedelleiro from biblio BN on Vimeo.

20/09/2023

Segunda semana

Comezamos con novas rutinas:

- O peto, visita a nosa escola de bechos, buscando alimento para as súas crías (por eso hai que deixar todo ben ordenado para que non nos leve os xoguetes confundindoos con alimento).

Como ten moita fame cada día un amigo/a é o encargado de darlle de comer uns froitos do bosque (neste caso sementes de eucalipto). Aprendemos a repartir e a contar. Nos iniciamos cos números.




-Xogamos a xuntar bechos e traballamos a igualdade, as simetrías e a organización espacial, así como a atención, precisión e psicomotricidade fina. Tamén a paciencia para esperar o turno!!!



- Comezamos a facer pequenos traballos na mesa: afianzamos a pinza para o agarre das pinturas, o control do trazo, e a coordinación óculo-manual. Tamén a concentración nunha tarefa desde o inicio ata o final da mesma.




Estes bechiños traballan moi ben!!!




16/09/2023

Período de adaptación na aula azul

Unha vez rematada a primeira semana no cole, deixovos aquí un pequeno resume de como foi.



1. Benvida coas familias. Iniciamos o proxecto deste curso escolar "Perigo!Natureza", cantando e creando os nosos "bechos".


2. Os bechos que creamos vixian os zapatos nos casilleiros cando non estamos no cole. E coñecimos onde viven os bechos: nos Hoteis de Bechos. Apareceron unhas caixiñas onde creamos a nosa "Escola de Bechos", e cada día vemos quen está na escola cantando a canción "Con palos y maderitas".



3. Xogamos e descubrimos os materiais, e xoguetes. Como e onde usalos, e a recollelos ao rematar.



4. Xogamos a atrapar as cores. Traballamos a pinza pegando gomets e o agarre do rotulador.




5. Descubrimos o "Espazo Fedelleiro" e os seus materiais e xogos.


6. Aprendimos como é o momento da merenda da man do conto "Paxariña de papel" . Cantamos a canción.


E levamos a nosa Paxariña de papel!



BENVIDOS E BENVIDAS A NOSA ESCOLA DE BECHOS


E se queredes cantar Paxariña de papel, dádelle ao play:


17/08/2023

ESPERANDO O CURSO 23-24

XUNTANZA INICIO DE CURSO E ORGANIZACIÓN DO PERÍODOO DE ADAPTACIÓN:

4 DE SETEMBRO ás 11:00 horas





E mentres chega a data, recodade:


 

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...