03/10/2023

Momento de alfombra

 O momento da asamblea na alfombra, é a unión como grupo nada máis chegar e na que plantexamos as actividades que van a contecer durante o día. Sempre hai un compoñente motivador para captar a atención, e estimular a imaxinación ( obxectos tapados, paquetes pechados...) e outras que se repiten e dan seguridade para anticipar o que vai acontecer.

Neste momento de encontro  hai saúdos, cancións e conversas ( sempre hai tempo para escoitar aos nenos/as que sempre queren aportar algo ao grupo).

Presentamos toda a xornada cunha secuencia de imaxes (pictogramas) que avanza de xeito temporal, e que lemos de esquerda a dereita (educando tamén o ollo para a futura lectura).

Aquí podedes ver dous exemplos. O axudante do día vai elexinto que quere ir descubrindo primeiro.


Unha das actividades que se agochan é a inicial do axudante para comezar a traballar a conciencia fonética e o trazo da mesma.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

10 filliños do PETO

 O conto CHUVISCA, presentounos aos 4 fillos da mamá páxaro, e que xuntos forman a familia das VOGAIS. E hoxe por fin coñecimos á familia do...