16/03/2020

XORNADA I: #QUEDANACASA

PROPOSTAS PARA COMBATER O TEMPO NA CASA
Comentamos en familia.
Algo anda a pasar nas casas da xente estes días... observa e comenta: cantas cousas atopas do revés?

QUE DÍA É HOXE?
este mes estamos a traballar a jorge peteiro podemos recordarlo e ver qué día é hoxe, qué tempo vai...


HORA DO CONTO: COCORICO

Unha vez que xs pequenxs ven o conto e escoitan a canción, podedes coller un folio en branco e:
      -Escribir o título do conto na parte superior
      -Debuxar as personaxes da historia, ou a escena que máis lles gustou.
      -Perfilar con rotulador o debuxo, e posteriormente pintalo.
      -Pola cara traseira do folio, escribir o nome e a data.

Convidámosvos a que comentedes a imaxe e a que mandedes o debuxo feito polo neno/a ao correo da aula: aulaazulbn@gmail.com

INGLÉS:
Monkey tamén quedou na casa pero preparou un xogo para casa, preme na imaxe.


EXPERIMENTO:
A AGUA QUE CAMIÑA


RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA:


Preme na imaxe

10/03/2020

8M, DIA INTERNACIONAL DA MULLER

A semana pasada e este luns celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, con diferentes actividades. Primeiro presentamos o conto "INTRÉPIDAS" no que se narra a historia de varias mulleres exploradoras que deron a volta o mundo de diferentes formas, nos escollimos 6 delas, as cales interpretamos para os nenos e nenas.




Despois os nenos e nenas crearon un croma cas imaxes do libro, interpretando e narrando as historias destas 6 mulleres. Mirade que bonito nos quedou !



8M: Mulleres Intrépidas from biblio BN on Vimeo.



E, por último, o luns, as profes Lara e Lucía deleitáronnos cunha canción versionada por elas mesmas en galego-inglés. MARAVILLOSO!







Feminist Baby from biblio BN on Vimeo.

07/03/2020

HORA DO EXPERIMENTO

Esta semana fixemos un novo experimento: "o ovo saltarín". A lenda contábanos que se un ovo durmía dous días nun tarro con vinagre, este ovo transformábase nun ovo máxico saltarín. E... así foi 👍
Podedes facer este experimento nas vosas casas, soamente tedes que meter un ovo fresco nun tarro con tapa cheo de vinagre de vino e esperar 48h. Trascurrido ese tempo a cáscara do ovo desfaise, o vinagre penetra no ovo e este crea unha película elástica que fai que o ovo rebote se o tiramos dende pouca altura, como podedes ver no vídeo cando o deixamos caer dende unha altura máis alta o ovo rompe xa que no seu interior segue sendo líquido.

Ovo saltarín from biblio BN on Vimeo.





04/03/2020

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

Esta semana na hora de grafomotricidade creativa traballamos os trazos das figuras xeométricas "triángulo, círculo e cadrado", empregando rotuladores de diferentes cores.



03/03/2020

OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA VALERIA

Valeria deleitóunos con dúas plantillas do eskornabot nas cales se traballan as flores dos diferentes países e culturas do mundo, a vestimenta e a localización das mesmas.
Os nenos e nenas divertíronse moito aprendendo con elas.



Foi un gran traballo familias, NORABOA!


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...