Para ver as fotos desta interesante saída, clicade na seguinte imaxe.
14/02/2019
12/02/2019
11/02/2019
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe, para celebrar este día tan importante, recibimos no espazo fedelleiro a unhas alumnas de ciencias da Universidade de A Coruña acompañadas pola súa mestra, coas cales pasamos un rato super divertido experimentando en diferentes talleres: fósiles, slime e equilibrio.
E tamén fixemos nubes con xeo seco, impresionante!
Moitísimas grazas Ana, Alba, Vicky e Laura.
Preme na imaxe para ampliar a información e ver as imaxes.
09/02/2019
ENCONTXO: LUZ NEGRA
O mércores tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo fascinante: con todas as luces apagadas, menos as bombillas de luz negra, creouse unha atmósfera perfecta para descubrir o conto de Hervé Tullet "Juego en la oscuridad". Un conto sen palabras pero cunhas imaxes fluorescentes espectaculares.
A continuación, a profe Lucía explicounos os diferentes materiais que alí imos poder atopar para experimentar con eles: imáns, pezas de construcións e de encaixar, calcetíns que poden ser empregados como marionetas, pinceis e témperas...todo fluorescente.
07/02/2019
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ALEXIS
Esta semana chegou de volta a mochila do escornabot despois de pasar uns días na casa de Alexis.
Veu acompañada dunha plantilla moi divertida na que ademais de atopar a imaxe de monte asociada co número que nos sae no dado temos que facer unha acción. Debemos fixarnos na cor que ten a casilla que nos tocou e ler a tarxeta con esa cor para saber o que temos que facer: cantar unha canción, bailar unha muiñeira, chiscar un ollo, saltar...
Pasámolo xenial. Moitas grazas familia!
05/02/2019
PLUMITAS E PINCHITOS
Onte tivemos unha grande sorpresa a primeira hora da mañá. Erik trouxo da casa dous animaliños (un moucho e un ourizo) feitos con piñas de piñeiro da colección do seu irmán Dani.
Con fieltro, ollos móbiles, limpapipas, unha pistola de silicona e a axuda da súa mamá, Erik creou estes dous orixinais animais que nos van servir de mascotas para a aula.
Estabamos tan emocionados con este agasallo que decidimos poñerlles nome e, como era moi difícil poñernos de acordo entre tantos, pensamos que o mellor sería facer unha votación democrática. Cada nena/o foi propoñendo un nome para cada animal ou escollendo algún dos que xa estaban ditos.
E, unha vez finalizada a votación e feito o reconto, aquí vos presentamos ao moucho Plumitas e ao ourizo Pinchitos.
Moitísimas grazas á familia de Erik!
02/02/2019
GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA: ESPIRAL
Aproveitando a poesía express desta semana, puxémonos mans á obra para practicar os trazos en forma de espiral.
Primeiro, practicamos nas bandexas de experimentación.
Despois da lectura do conto "¡Eso no es normal!" realizamos o trazo en forma de espiral, igual que a longa trompa do elefante da historia, empregando pinceis e témpera con purpurina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Investigamos as BOLBORETAS
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
ILUSTRAMOS AO PALLASO MARIANO E CONSTRUIMOS COTORIZA LEMBRAMOS AS CASIÑAS DOS NÚMEROS TRABALLANDO A DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA MOVÉMONOS POLA...
-
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
Esta semana a Poesía Express descubriunos unha nova especie de ave: o peizoque, e serviunos para pescudar palabras relacionadas co monte. C...






