30/11/2017

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Onte visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña e alí puidemos seguir aprendendo cousas novas relacionadas co noso proxecto de Galicia. No seguinte vídeo poderedes ver o ben que o pasamos adiviñando a relación que tiñan as obras de arte que nos amosaban coas palabras clave do noso proxecto: país, literatura, mitoloxía, gastronomía, arte, folclore, historia, patrimonio, natureza e lingua. E, despois, ao colocar o iPad enriba do código QR correspondente sonaba unha peza musical en galego. Fixémolo xenial!

26/11/2017

UNHA SEMANA CON MOITAS CONMEMORACIÓNS

O mércores celebramos Santa Icía (Día da Música) cun divertido xogo creado polos nosos compañeiros/as da aula laranxa co cal identificamos algúns instrumentos galegos. Aquí o tedes por se queredes seguir practicando na casa.

Ademais, tamén recibimos a visita da nai de Artai que nos trouxo un montón de instrumentos tradicionais de Galicia e tivemos a sorte de poder probalos e escoitalos. Encantounos!

 

O venres estivemos dándolle unha "volta á igualdade" xa que o 25 de novembro conmemórase o Día contra a violencia de xénero e para iso creamos un time lapse no que enchemos o mapa de Domingo Fontán de lazos de cor morada e recibimos a visita de Ana Hermida que nos veu falar de mulleres que fixeron historia.

 

Para saber máis sobre a visita de Ana Hermida, premede na imaxe.

24/11/2017

ANIVERSARIO DE CHLÖE

Xa só nos faltaba Chlöe por entrar no clube dos 3 anos e hoxe tivemos a súa celebración. Sopramos a vela co número 3, cantamos e degustamos un biscoito delicioso con forma de donuts que fixo na casa coa súa familia.
Parabéns Chlöe!


22/11/2017

SAÍMOS NO XORNAL

Hoxe Truco deixounos unha sorpresa moi importante, o xornal "El ideal gallego" cunha páxina na que a noticia somos nós, os nenos e nenas da escola de Barrionovo e a nosa saída de onte á praia de Sabón.
                                                                 
                                                                                                  

19/11/2017

A NOSA SEMANA

Aí van algunhas das actividades que realizamos ao longo desta semana.
-A MALETA:
Compartimos cos nosos compañeiros/as un obxecto significativo que trouxemos da casa e explicamos o porque desta elección. Tivemos bolsos, coches, animais... pero, sobre todo, bonecos que están con nós desde que somos bebés.
Esta actividade serviunos para sentirnos protagonistas e coñecernos todos un pouquiño mellor.


-APRENDEMOS XOGANDO:
A nosa mascota Truco deixounos unha sorpresa esta semana, un xogo novo co que poder divertirnos ao mesmo tempo que aprendemos cousiñas. Consiste en observar o patrón de cores que temos na plantilla e reproducilo na parte de abaixo coas boliñas de cores, traballando así a atención, a orientación espacial, as cores...
Encantounos!
-PLANTAMOS:
Co profe Pablo plantamos narcisos, iris e tulipáns no noso horto.



17/11/2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MATEO

A semana pasada comezamos coa actividade da Okupación Escornabótica. A mochila vermella que contén o escornabot saiu do cole para "okupar" as casas dos nenos e nenas da aula azul.
O primeiro afortunado en levala foi Mateo.

Aquí podedes ver todo o que contén a mochila: escornabot, plantillas e dado para xogar, cámara de fotos e libreta para anotar a vosa experiencia, conto, CD con vídeos, folla de instruccións e unha plantilla en branco para que inventedes un xogo novo relacionado co proxecto deste curso "A volta a Galicia en 284 días".
Esta semana tócalle a Rai. Marchou contentísimo para casa coa súa mochila escornabótica!



Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...