05/11/2017

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Estes días estivemos moi atarefados preparando dúas manualidades terroríficas: unhas pantasmas con papel de xornal e unhas teas de araña.
Para facer as pantasmas no xornal, practicamos antes facendo os debuxos no encerado dixital. Saíronnos pantasmas de todas as formas e tamaños.
 E para as arañas, pintamos de laranxa un prato de cartón, despois estampamos as nosas mans coa cor negra e xa só nos quedaba pintarlles dous ollos e pasar o cordel polos buratiños.


02/11/2017

PARABÉNS CLAUDIA

Hoxe no barrio azul tivemos un novo aniversario, esta vez tocoulle a Claudia celebrar que xa ten 3 aniños.
Moitas felicidades!


01/11/2017

CELEBRANDO O SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, onte fomos de visita ao Ceip Galán onde puidemos contemplar a súa enorme exposición de cabazas, visionamos unhas curtas e cancións de medo e agasalláronnos cun pin de cabaza que nos encantou.
Pasámolo xenial!
Moitas grazas!

VISITA AO SAMAÍN DO CEIP GALÁN from EEI Barrionovo on Vimeo.

Ademais, antes de marchar para casa entregamos a nosa cartilla de lecturas de Samaín completa e recibimos un marcapáxinas como premio.
Estes son os contos que lemos durante estes cinco días.


31/10/2017

RECEITA TERRORÍFICA

O luns comezamos a semana facendo unha riquísima receita de Samaín.
No espazo fedelleiro dispuxemos de todos os elementos necesarios para a elaboración das "salchichas momia". Primeiro, anotamos os ingredientes na pizarra porta e, despois, puxémonos mans á obra.
Este foi o resultado! Clicade na imaxe para ver todo o proceso.


27/10/2017

OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe foi Janat a que nos trouxo información sobre un novo oficio artesanal. Neste caso, a artesana é a súa nai, Rabha, quen emprega a cerámica para facer diferentes figuras.
Como mostra Janat ensinounos unha flor, concretamente unha rosa, feita pola súa nai coa axuda de Janat e do seu irmán Saad.
Moitas grazas familia!

24/10/2017

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe, en Barrionovo, celebramos o día da Biblioteca con diversas actividades.
Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/dia-das-bibliotecas-2017.html



22/10/2017

UNHA SEMANA MOI MOVIDA

Esta semana deunos tempo a facer un montón de cousas:
-Xogamos co noso Beebot a un xogo moi divertido no que tiñamos que atopar a nosa foto e o noso nome e, a continuación, programar o robot para levalo ata a casilla correspondente.



-Levamos para casa o polbo con cachelos que fixemos en arte con María José.


-Falamos sobre un froito do outono moi típico en Galicia, como son as castañas, grazas a aportación que nos fixeron Daniela e Valeria.


-E fixemos a nosa aportación ao mural das escaleiras engadindo a Eduardo Pondal (autor do poema "Os Pinos" do cal se extrae o himno galego) e a Pascual Veiga (músico encargado de facer a melodía de dito himno).

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...