- Facemos carboncillo queimando paos. Comparamos cun carboncillo xa comprado.
Inspirámonos en Picasso no ámbito de arte cunha proposta de debuxo a carboncillo.
- Facemos carboncillo queimando paos. Comparamos cun carboncillo xa comprado.
Inspirámonos en Picasso no ámbito de arte cunha proposta de debuxo a carboncillo.
O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL
Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.
Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.
Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción A MÁQUINA DO TEMPO.
Comezamos unha dinámica na aula para xestionar os momentos de enfado e rabia. Sendo conscientes e anticipando a reacción do seu corpo e buscando unha ferramenta para poder volver a calma e verbalizar e arranxar o problema.
1. Identifico cando me enfado.
2. Busco un espazo seguro (en solitario). Para poder volver á calma.
3. Decido que estratexia necesito: tempo a soas, respiracións, escoitar música, abrazar/apretar/golpear un peluche; un abrazo dalguén querido; usar as mans (pop it, pelota, plastilina); hacer deporte/movemento; facer un debuxo.
Segundo trimestre no ámbito de arte e letras Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, cr...