01/03/2025

ENTROIDO MARIÑO

 







AMBIENTES DE APRENDIZAXE NA AULA AZUL

 Así comezamos a dinámica dos XOVES. Elexindo a aula (ambiente preparado relacionado a unha área ou proposta de aprendizaxe) na que aprenderemos durante as sesións de despois do recreo.




Unha vez que xa pasaron polas tres aulas e saben os materiais que se van a atopar, os nenos e neneas elixen libremente a aula á que queren ir, respectando o AFORO dispoñible.

AULA LARANXA: Xogo simbólico e vida práctica
AULA ROSA: Arte e lectoescritora
AULA AZUL: Lóxica matemática e construccións.

Os agrupamentos MIXTOS (nenos e nenas das tres idades), permiten a aprendizaxe entre IGUAIS, e asumir ROLES diferentes. 

Na aula azul son expertos nos materiais que temos e por iso, cando outros nenos/as visitan a nosa aula, son os eles mismos os que explican o uxo e manexo das propostas e as normas a seguir en cada recuncho.


Aquí añgúns dos espazos:



PROPOSTAS INDIVIDUAIS ou EN PARELLAS 



PUZZLES, ESTIMACIÓN DE PESOS, ORIENTACIÓN ESPACIAL







PROPOSTAS GRUPAIS DE CONSTRUCCIÓN NA TUFFTRAY: MINIMUNDOS




Construcción dunha historia a través do xogo na que poñen en práctrica a imaxinación, a estimulación oral, traballo en equipo,  a orientación espacial en plano e en relieve...

Coa ubicación dos espellos  tamén experimentan e introducimos as  simetrías:




e ao rematar, o momento da recollida, é tamén un momento de aprendizaxe xa que traballan a clasificación e a lóxica:


Outros materiais para a creación de historias:




XOGO EN EQUIPO : IMANIX CON TOBOGÁN



Planificación de recorridos, o ensaio-erro, a anticipación da acción que va a acontecer, aresolución de problemas, establecer acordos...COMPARTIR!


PROPOSTAS DE CREACIÓN LIBRE: 

ASOCIACIÓN DA SOMBRA AO ANIMAL




Este tipo de pedagoxías (flexibles) permiten que cada neno/a poda aprender desde o seu momento evolutivo, e as propostas podense adecuar á diversidade da aula. Polo tanto estamos contribuíndo ao dominio da competencia "Aprender a aprender" respectando os seus ritmos.


ENTROIDO MARIÑO