03/12/2025

ELABORAMOS O CARTEL DO NADAL

 Despois de aprender moito da escritura e os inventos relacionados, poñemos en marcha o deseño do cartel da festa de Nadal, onde queremos escribir utilizando diferentes inventos

- IMPRENTA

-LÁPIS/ROTUS

-MÁQUINA DE ESCRIBIR.

Eleximos a información, o tipo de escritura para cada parte do texto, e quen fará cada parte...




O CARTEL VAI COLLENDO FORMA!!!











23/11/2025

Creamos inventos de escritura primitivos

 - Facemos carboncillo queimando paos. Comparamos cun carboncillo xa comprado.

Inspirámonos en Picasso no ámbito de arte cunha proposta de debuxo a carboncillo.







- Deixamos mensaxes en barro, imitando a escritura cuneiforme pero co noso alfabeto.



-Comezamos o obraodiro de papel, INVENTO CREADO EN CHINA.









ENCONTXO: DÍA DA MÚSICA

 O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL


Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.

Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.

Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción  A MÁQUINA DO TEMPO.








17/11/2025

RODA DA CALMA OU DA PAZ

 Comezamos unha dinámica na aula para xestionar os momentos de enfado e rabia. Sendo conscientes e anticipando a reacción do seu corpo e buscando unha ferramenta para poder volver a calma e verbalizar e arranxar o problema.


1.  Identifico cando me enfado.

2. Busco un espazo seguro (en solitario). Para poder volver á calma.

3. Decido que estratexia necesito: tempo a soas, respiracións, escoitar música, abrazar/apretar/golpear un peluche; un abrazo dalguén querido; usar as mans (pop it, pelota, plastilina); hacer deporte/movemento; facer un debuxo. 







15/10/2025

Plurinfantil

 Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.

Benvida, Isabel!





12/10/2025

COMEZA A INVESTIGACIÓN!

Despois da visita da nosa "Ramona", a Dona do Tempo, houbo un obxecto que suscitou moita curiosidade:

A MÁQUINA DE ESCRIBIR

Polo que a nosa viaxe polo tempo, estanos levando aos orixes da escritura!!



Búscamos información nos fondos da BiblioBN





Para saber máis, pincha AQUÍ!




26/09/2025

SETEMBRO NA AULA AZUL

 

ILUSTRAMOS AO PALLASO MARIANO E CONSTRUIMOS COTORIZA



LEMBRAMOS AS CASIÑAS DOS NÚMEROS TRABALLANDO A DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA


MOVÉMONOS POLA RECTA NUMÉRICA



TRABALLAMOS NAS PIZARRAS



DESCUBRIMOS A GAMA CROMÁTICA DO OUTONO E MISTURAMOS CORES










XOGAMOS A XOGOS COOPERATIVOS DE MESA




PREPARAMOS AS NOSAS MERENDAS



ÁMBITO DE ARTE E LETRAS , 2º TRIMESTRE

  Segundo trimestre no ámbito de arte e letras Experimentamos coas misturas de cores do PANTONE do inverno e facemos unha nova colección, cr...