10/09/2022

ARRANCA UN NOVO CURSO

 Xa estamos de volta, no noso último ano de Educación Infantil. Seguro que será un ano de moitos descubrimentos, onde a nosa pegada pisará forte! O noso proxecto nos axudará a descubrir moitas ...



Estrenamos novos espazos, con distintas propostas para desenvolver todas as nosas capacidades:

Cocinita e Zona Lego: onde a creatividade e xogo simbólico daranse a man.

Recanto de BiblioBn e lectoescritura: contos, letras, linguaxe e moita imaxinación!

Lóxica-matemática: problemas, números e xogos no que poñeremos a traballar moito o cerebro.

Movemos as mans: psicomotricidade fina e grafomotricidade a través de debuxos e manualidades (a plastilina non pode faltar).

Arte: as nosas propias creacións ligadas ao mundo dos artistas.

Novas tecnoloxías: sempre presentes na nosa escola.

Mesa TuffTray: zona de experimentación e espazo maker (un pedazo do espazo Fedelleiro na aula).

Traballiños por facer: a un golpe de vista poderán saber se teñen nova  tarefa para ese día ou algo pendente de rematar...


















QUEDA INAUGURADO O CURSO 2022-2023


No hay comentarios:

Publicar un comentario