18/06/2019

LONDON PROJECT: THE QUEEN'S HAT

REMATA O CURSO E MS. KATRINA NON SE QUERÍA DESPEDIR SEN ACHEGAR AOS NENOS E NENAS Á XEOGRAFÍA E CULTURA BRITÁNICAS.

DURANTE AS PASADAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS ESTIVERON A VIAXAR AXUDADOS POLA ESTRUTURA DO CONTO "THE QUEEN'S HAT".



A TRAVÉS DESTE, APRENDERON MULTITUDE DE ASPECTOS SOBRE A REALEZA BRITÁNICA: QUEN É A RAIÑA, OS SEU CANS, A GARDA REAL, A FAMILIA DA RAIÑA E OS PALACIOS NOS QUE VIVEN.




ADEMAIS, GRAZAS AO GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH, AO CROMA E AO VÍDEO, PUIDERON VIAXAR DENDE PASTORIZA ATA LONDRES, OBSERVANDO A DISTANCIA QUE HAI ENTRE AMBOS LUGARES, O TERRITORIO BRITÁNICO, TRANSITANDO AS RÚAS E VISITANDO OS LUGARES MÁIS DESTACADOS DE LONDRES:


EN TRAFALGAR SQUARE OBSERVARON A ESTATUA DO ALMIRANTE NELSON E ADMIRARON OS CATRO LEÓNS QUE A GARDAN. APRENDERON SOBRE A BATALLA DE TRAFALGAR E SOBRE A CONTROVERSIA QUE HOUBO NO PASADO POR MOR DAS POMBAS QUE ATEIGABAN ESTA PRAZA.

EN LONDON ZOO PUIDERON OBSERVAR IN SITU TODOS OS ANIMAIS E RECORDAR O VOCABULARIO TRABALLADO AO LONGO DO CURSO.


PUIDERON BAIXAR ÁS PROFUNDIDADES DO METRO DE LONDRES, OBSERVAR O SEU FUNCIONAMENTO E ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA TALES COMO AS SINAIS VISUAIS E ACÚSTICAS, DIRECCIÓNS, TICKETS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS PRECISAR NA CIDADE.





SUBIRON AO LONDON EYE E OBSERVARON O TOWER BRIDGE EN FUNCIONAMENTO. XOGARON TAMÉN AO MÍTICO XOGO "LONGON BRIDGE IS FALLING DOWN".



POR ÚLTIMO ESCUDRIÑARON AS ENTRAÑAS DO EMBLEMÁTICO BIG BEN.


KATRINA DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS AO ESTILO KATRINA, ISTO É CHEAS DE MAXIA, DIVERSIÓN, AMOR E FELICIDADE!

ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOVA RUTINA: A LETRA DO DÍA

  XIRA, XIRA SEN PARAR, QUE LETRA VAI TOCAR?? PREPARADOS, LISTOS XA!! ATOPAMOS PALABRAS QUE SOEN COA LETRA. PODEDES XOGAR, NA PESTAÑA "...