13/02/2025

TIBURÓN- QUENLLA- SHARK

TRAS A VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA, XURDIU O INTERESE SOBRE O TIBURÓN GASTÓN: UN EXEMPLAR DE TIBURÓN TORO.


PERO HAI MOITOS TIPOS MÁIS DE TIBURÓNS. POR ISO NA AULA APRENDEREMOS DOS TIBURÓNS EN XERAL E DE GASTÓN EN PARTICULAR, PERO CADA NENO/A XA ELEXIU  O TIPO DE TIBURÓN DO QUE QUERE APRENDER UN POUCO MÁIS. 







POR OUTRA BANDA, COMEZAMOS FACENDO UN TIBURÓN TOURO A ESCALA, MIDEN ENTRE 2 E 3 METROS.




07/02/2025

As nosas mascotas

 Xogamos a ler os nomes dos animais que temos como mascotas.

 1. Fixamonos na inicial (destacada en cor vermello, para dirixir a orde na lectura de esquerda a dereita).

2. Como fala esa letra?? Facemos o SON da letra inicial.

3. Facemos a lectura completa da palabra.

4. Buscamos a imaxe.





Pouco a pouco imos coñecendo os sons de todas as letras, sempre asociados a imaxes, e imos avanzando no INICIO da lecto escritura.


31/01/2025

VÓS: Os animais

 Comezamos este novo trimestre coñecendo as nosas mascotas. Contando cantos hai de cada especia e descubrindo nomes curiosos da anatomía dos animais como  a palabra "TRUFA" (nariz dos cans).

Falamos dos  habitats e tamén nos empezamos a cuestionar  algunhas preguntas como:

Como aguantan os peixes tanto tempo debaixo da auga?

Como respiran os reptis que tanto viven dentro coma fóra da aula?

Irémosvos contando como avanza o proxecto.




GRAFO CREATIVA co conto "FLIS, FLAS" e LUDOVICO

 Coa chegada do inverno xogamos co xeo a través das piruetas que Ludovico fai no estanque...






Receitas de Xaneiro de Mario e Rose

 Os maiores da aula xa cumpriron 5 anos. Celebrámolo cociñando en familia.






10/01/2025

EXCURSIÓN ABANCA: O RETRATO

 A semana que vén iremos de excursión ao MUSEO  AFUNDACIÓN Abanca, na clase estamos empezando a traballar sobre o retrato.







COÑECIMOS DIFERENTES ESTILOS, E PUXÉMONOS MANS Á OBRA.
CON AXUDA DAS NOSAS FOTOS E UNS ACETATOS DEBUXAMOS A SILUETAS E RASGOS MÁIS RELEVANTES PARA FACER OS RETRATOS DOS AMIGOS/AS DA CLASE.

ADIVIÑADES QUEN É QUEN??








Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...