30/01/2019

ENCONTXO: DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe para celebrar o Día da Paz, ademais de deleitarnos coa fermosa lectura do conto "A meniña furacán e o meniño esponxa" da editorial Algar, inauguramos un novo recuncho no patio. Este será un espazo de resolución de conflitos no que haberá momento para falar e para escoitar e conseguir chegar a un acordo.
Se queredes saber como vai a funcionar, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-dia-da-paz.html

Hoxe foi un día moi completo no que tamén conmemoramos o Día da Ilustración para celebrar o aniversario do nacemento de Castelao. Aproveitando unha das súas láminas relacionada co monte, elaboramos un croma e fixemos a nosa versión desta ilustración empregando rotuladores fluorescentes.



28/01/2019

ENCONTXO FORESTAL

Neste segundo trimestre, para reiniciar o traballo en relación co proxecto, tivo lugar no espazo fedelleiro un encontXo no que, ademais de escoitar a preciosa historia "En el bosque del perezoso", puidemos apreciar esta fermosa instalación.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-forestal.html

Como vedes, nesta instalación aparecen dúas palabras moi relacionadas cos montes que non coñeciamos e, por iso, decidimos poñernos mans á obra.
Subimos á biblioBN para buscar ditas palabras no dicionario. Grazas a marabillosa axuda dos nenos e nenas de 5 anos que nos deixaron algunha pista atopámolas facilmente.

Unha vez que xa sabiamos o significado destas palabras, puxémonos a pensar con que fotografía de Chema Madoz, das que temos nas escaleiras, podería estar relacionada a palabra "deforestación". E esta foi a imaxe evocadora: unha hacha feita de madeira.


Xa na aula, completamos unha ficha coa palabra, a defición persoal de cada neno ou nena e a representación gráfica.


E, para finalizar, en colaboración coas amigas/os da aula rosa, colocamos a palabra debaixo da imaxe correspondente.


25/01/2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: GAD

A mochila do escornabot continua viaxando polas casas das nenas e nenos da aula azul.
Nesta ocasión, tocoulle a Gad ser o afortunado en pasar uns días disfrutando co contido da mesma. Ademais, grazas a axuda da súa familia, elaborou unha nova plantilla relacionada co proxecto.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

SILLY SALLY

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS SESIÓNS DE INGLÉS, OS NENOS E NENAS ESTIVERON A TRABALLAR CO CONTO SILLY SALLY.


TODO XURDIU A RAIZ DUNHA PROPOSTA DE POESÍA EXPRESS ESCORNABÓTICA QUE KATRINA LEVOU A CABO UN MARTES NA BIBLIO BN. PODÉDELA VER PREMENDO AQUÍ.

ASÍ, OS NENOS E NENAS LERON O CONTO, E PRACTICARON A CANCIÓN QUE DRAMATIZARÍAN DESPOIS CON MÁSCARAS CREADAS POR SÍ MESM@S.


O VOCABULARIO A TRABALLAR ESTIVO RELACIONADO CON ANIMAIS E ACCIÓNS, ALGO QUE SERÁ A TÓNICA DOS VINDEIROS CONTOS. ESTADE ATENT@S!

ABRACADABRA, ABRACADI

MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

23/01/2019

ENCONTRO: MAR BENEGAS

Onte, na biblioBN, recibimos unha visita moi especial. A escritora, Mar Benegas fíxonos pasar un rato moi divertido e interesante coa dramatización de diferentes historias nas que nos fixo partícipes. Quedamos con ganas de máis.
Premendo na imaxe podedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/mar-benegas-visita-bibliobn.html

17/01/2019

ENCONTRO: #SOMOSDEMONTE

O mércores realizamos un encontro para poñer en común toda a información traballada ao longo do primeiro trimestre.
No caso da nosa aula, falamos do raposo, do peto e do furón e tamén da serra dos Ancares e da serra do Xurés.
Foi unha actividade super interesante e coa que aprendemos un montón grazas aos compañeiros/as da aula laranxa e da aula rosa. Clicando na imaxe poderedes acceder a toda a información.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontro-1-trimestre.html

16/01/2019

"MIÉRCOLES" ANNE BERTIER

Na sesión semanal adicada á grafomotricidade creativa, traballamos cun fermoso conto no que o redondelito laranxa e o gran cadrado azul xogan a converterse en diferentes obxectos.


Nós decidimos recrear algunhas das páxinas do conto e, empregando gomets e tesoiras, creamos bolboretas azuis e laranxas.


E tamén unha flor á que lle debuxamos o talo e os pétalos con témpera e pincel. 

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...