29/10/2018

O RAPOSO VULPES

Hoxe, no barrio azul, recibimos unha inesperada visita, cando subimos do recreo atopámonos cun rastro de terra e cortizas de árbore e unhas pegadas no chan ao lado dunha caixa. Dentro desta, estaba Truco, a nosa mascota, e unha carta cunha foto dun raposo e da súa cría.


A carta estaba escrita por Truco, quen nos contaba que o seu amigo Vulpes, un raposo que vive nos montes galegos, viñera ao cole de visita mentres nos estabamos no recreo e invitábanos a subir a BiblioBN para comezar a investigar cousas deste animal.


Na biblio, atopamos unha pequena revista con información moi detallada sobre os raposos e tamén fixemos unha procura na rede.


Para deixar todo isto plasmado no papel, estamos empezando a elaborar un panel informativo cos aspectos do raposo que queremos aprender. 
Estade atent@s que pronto vos iremos contando máis cousas desta investigación.

26/10/2018

THE HAUNTED HOUSE

Seguindo coa temática de Halloween, cóntanos Katrina que estes días, nas clases de inglés, están a traballar cun conto chamado The Haunted House.


Resultado de imaxes para the haunted house kazuno kohara

A través deste conto refórzase vocabulario xa traballado (witch, house, cat, hat, sleep, black, numbers) e introdúcese outro novo (ghosts, broomstick, white, orange...).

Aproveitando este vocabulario, xogaron co Escornabot.



Tamén xogaron ao vexo, vexo (I spy...) e elaboraron terroríficas pantasmas.








Por último escoitaron esta espeluznante canción, Too Spooky for me.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

25/10/2018

DÍA DA BIBLIOTECA

Onte, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca e, en Barrionovo, quixemos conmemoralo dun xeito moi especial na compaña das nosas familias.
 

Clica na seguinte imaxe para saber como o fixemos.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/10/dia-da-biblioteca.html

24/10/2018

Monstro Orquestra


Chega o Samaín/Halloween ... e na aula de música construímos o noso propio "monstro" coñecendo novos instrumentos da man do Libro-CD: 

Clica na imaxe


E aquí vai o noso Monstro Orquestra


22/10/2018

SEGUIMOS DE CELEBRACIÓN!

Outubro é un mes cheo de cumples no barrio azul! 
Hoxe tocoulle o turno a Claudia que xa ten 4 anos. Moitas felicidades!


21/10/2018

TALLER DE MATES

Este curso, seguimos levando a cabo unha actividade que xa comezamos o curso pasado: o taller semanal de mates.
Todos os mércores adicamos unha hora, no espazo fedelleiro, ao traballo de conceptos de lóxica matemática empregando o xogo e a manipulación.
Esta semana pasámolo xenial probando equilibrios imposibles


Facendo a recta numérica e engadindo debaixo as cunchas correspondentes


E construíndo torres de cores iguais ás dos modelos empregando as pezas Lego.

17/10/2018

JANAT CUMPRE ANOS

Hoxe, no barrio azul, celebramos o aniversario de Janat degustando uns postres riquísimos feitos pola súa nai.
Estaba todo riquísimo!


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...