26/04/2018

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANDO

Hoxe contamos coa visita de Lorena, mamá de Rai, quen nos agasallou cun fermoso conto: "Salvaje". Se premedes na imaxe, poderedes saber máis sobre esta historia.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-lorena-mama-de-rai.html

Moitas grazas Lorena!

24/04/2018

REPRESENTACIÓN: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Aquí vos deixamos o vídeo da nosa adaptación do conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" para a mesa de luz.
Agardamos que vos guste.


23/04/2018

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2018

Comezamos o Día do Libro reivindicando a importancia da lectura co texto de Fran Alonso, titulado "Non leas!", ao que as familias e o alumnado puxéronlle voz.


Unha vez visionado, comezamos cos "festexos" da Semana do Libro en Barrionovo.


Hoxe tocounos aos nenos e nenas do barrio azul representar un conto. O escollido foi "Pequeno azul e pequeno amarelo" que, como sabedes, é un conto que xa temos traballado e que nos encanta. Para contarlles esta historia aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos empregamos a mesa de luz.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/semana-do-libro-luns-alumnado-de-3-anos.html

20/04/2018

AFUNDACIÓN: JORGE CASTILLO. "A VISIÓN DUNHA OBRA"

Por segunda vez neste curso, visitamos Afundación para empaparnos de arte. 
Nesta ocasión, o protagonista da exposición era un artista galego, Jorge Castillo, autor dunhas fermosas obras con moitos segredos ocultos por descubrir.
Encantounos esta visita!

SEGUIMOS CONTANDO

As familias seguen a participar na iniciativa do Mes do Libro e, hoxe, contamos na biblioBN coa visita de Montse, mamá de Daniela e Valeria, quen nos relatou a divertida historia de "No lavar este oso". 
Clicando na imaxe podedes ver máis imaxes deste EncontXo.
Moitísimas grazas Montse!

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/04/as-familias-contan-montse-mama-de.html

19/04/2018

HORTOBN: TOMIÑO

Continuamos actualizando o plano interactivo do noso HortoBN. 
Nesta ocasión, tocoulle o turno ás plantas aromáticas: os nenos/as da aula rosa traballaron a menta, os da aula laranxa, o romeu e na aula azul encargámonos de investigar sobre o tomiño.
O primeiro que fixemos moi plantalo, para iso fixemos un burato na terra, introducimos a planta, botámoslle terra para cubrir ben o oco e, por último, regámolo con auga.


Aquí tedes o vídeo con toda a información.

14/04/2018

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Esta semana, realizamos o noso traballo coa grafomotricidade creativa empregando un conto fermosísimo titulado "Pequeno azul e pequeno amarelo" o cal serviunos para comprobar que se mesturamos dúas cores, neste caso o azul e o amarelo, obtemos unha nova cor (verde) como resultado.


Unha vez rematada a lectura do conto, manipulamos círculos azuis e amarelos na mesa de luz e observamos como se os xuntamos convértense en verdes.


 A continuación, poñémonos mans á obra neste caso coas témperas.


Finalmente, pasamos todos estes conceptos ao papel.


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...