31/01/2018

CROMA: MANUEL COLMEIRO

Continuamos a ser máis bos que o pan grazas a temática dos cadros de Manuel Colmeiro que aparecen no catálogo do Museo de Belas Artes.
           

30/01/2018

SEXAMOS MÁIS BOS QUE O PAN

Hoxe, no espazo fedelleiro, contamos cunha visita para celebrar o Día da Paz dun xeito moi especial. Juan, o pai de Laura (aula laranxa) ,veunos explicar o seu traballo como panadeiro e, para iso, amosounos o proceso para facer a masa e convertela nos boliños de pan que hoxe levamos para casa.
Moitas grazas Juan!
Clicando na imaxe podedes ver todo o proceso.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/01/encontro-cun-panadeiro.html

24/01/2018

ENCONTRO: REDEIRAS

Onte, na BiblioBN, recibimos unha visita moi especial: Rosa e María Jesús, dúas redeiras de Corme, que nos viñeron a explicar as artes do seu oficio tradicional. Grazas a elas coñecemos distintos tipos de redes, as agullas que se empregan para facelas ou para arranxalas, xogamos a ser mariñeir@s e redeir@s...
Clicando na imaxe podedes ampliar esta información.


22/01/2018

XOGANDO NO INVERNO

Para coñecer máis cousas sobre a estación do ano na que nos atopamos, a semana pasada estivemos xogando na nosa pizarra dixital a un xogo moi entretido. Nel fixemos quebracabezas, atopamos parellas, construimos palabras... todo relacionado co inverno. Serviunos para aprender e, ao mesmo tempo, pasar un rato moi divertido. 
Clicando na imaxe podedes acceder a páxina, por se queredes practicar na casa. 
                                

17/01/2018

SEGUIMOS COA GRAFO CREATIVA

No noso taller de grafomotricidade creativa, continuamos traballando os trazos rectos, neste caso as liñas horizontais. Baseando o noso traballo no marabilloso libro de Hervé Tullet "Batallas de colores" fixemos as nosas propias creacións.


15/01/2018

ANIVERSARIO DE GAD

Hoxe celebramos o primeiro aniversario do 2018. Gad, que é o maior da clase, xa ten 4 aniños.
Parabéns!


14/01/2018

PEQUENOS CASTELAOS

O venres inauguramos unha nova actividade titulada "C(r)oma galeg@s" coa que nos imos caracterizar de persoeiros ilustres galegos. Comezamos coa figura de Castelao que é o protagonista do calendario deste mes de xaneiro.

Mirade que elegantes estamos! 
  

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...