31/10/2017

RECEITA TERRORÍFICA

O luns comezamos a semana facendo unha riquísima receita de Samaín.
No espazo fedelleiro dispuxemos de todos os elementos necesarios para a elaboración das "salchichas momia". Primeiro, anotamos os ingredientes na pizarra porta e, despois, puxémonos mans á obra.
Este foi o resultado! Clicade na imaxe para ver todo o proceso.


27/10/2017

OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe foi Janat a que nos trouxo información sobre un novo oficio artesanal. Neste caso, a artesana é a súa nai, Rabha, quen emprega a cerámica para facer diferentes figuras.
Como mostra Janat ensinounos unha flor, concretamente unha rosa, feita pola súa nai coa axuda de Janat e do seu irmán Saad.
Moitas grazas familia!

24/10/2017

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe, en Barrionovo, celebramos o día da Biblioteca con diversas actividades.
Se queredes saber máis, premede na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/dia-das-bibliotecas-2017.html



22/10/2017

UNHA SEMANA MOI MOVIDA

Esta semana deunos tempo a facer un montón de cousas:
-Xogamos co noso Beebot a un xogo moi divertido no que tiñamos que atopar a nosa foto e o noso nome e, a continuación, programar o robot para levalo ata a casilla correspondente.



-Levamos para casa o polbo con cachelos que fixemos en arte con María José.


-Falamos sobre un froito do outono moi típico en Galicia, como son as castañas, grazas a aportación que nos fixeron Daniela e Valeria.


-E fixemos a nosa aportación ao mural das escaleiras engadindo a Eduardo Pondal (autor do poema "Os Pinos" do cal se extrae o himno galego) e a Pascual Veiga (músico encargado de facer a melodía de dito himno).

20/10/2017

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN

Onte visitamos unha exposición moi interesante en Afundación titulada "A arte no cómic". 
Pasámolo xenial, aprendemos un montón de cousas novas e portámonos moi ben. Non se pode pedir máis!
Se queredes saber máis desta saída, premede na imaxe para acceder ao vídeo cos nosos mellores momentos.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/a-arte-no-comic.html

17/10/2017

ANIVERSARIO DE JANAT

Seguimos cos aniversarios do mes de Outubro!
Hoxe tocoulle a Janat celebrar o seu cumple. Estaba encantada coa súa coroa e a súa tarta de 3 anos. Ademais, tamén nos agasallou cun postre en forma de flor que estaba riquísimo.
Parabéns Janat!



16/10/2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe Erik trouxo a fotografía que fixo para participar no concurso proposto fai unhas semanas co gallo da romaría de San Miguel.
O oficio elixido por Erik foi o do oleiro e, na clase, explicounos como traballan os oleiros co barro e a cantidade de cousas chulísimas e moi útiles que se poden facer con este material.
Grazas á familia de Erik por participar! Dentro duns días recibiredes o voso agasallo.




Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...