20/10/2017

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN

Onte visitamos unha exposición moi interesante en Afundación titulada "A arte no cómic". 
Pasámolo xenial, aprendemos un montón de cousas novas e portámonos moi ben. Non se pode pedir máis!
Se queredes saber máis desta saída, premede na imaxe para acceder ao vídeo cos nosos mellores momentos.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/10/a-arte-no-comic.html

17/10/2017

ANIVERSARIO DE JANAT

Seguimos cos aniversarios do mes de Outubro!
Hoxe tocoulle a Janat celebrar o seu cumple. Estaba encantada coa súa coroa e a súa tarta de 3 anos. Ademais, tamén nos agasallou cun postre en forma de flor que estaba riquísimo.
Parabéns Janat!



16/10/2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OFICIOS ARTESANAIS

Hoxe Erik trouxo a fotografía que fixo para participar no concurso proposto fai unhas semanas co gallo da romaría de San Miguel.
O oficio elixido por Erik foi o do oleiro e, na clase, explicounos como traballan os oleiros co barro e a cantidade de cousas chulísimas e moi útiles que se poden facer con este material.
Grazas á familia de Erik por participar! Dentro duns días recibiredes o voso agasallo.




11/10/2017

O ESCORNABOT: PARTE I

Estes días estivemos moi atarefados coñecendo as distintas pezas das que se conforma o escornabot. A profe Aida, no espazo fedelleiro, estivo ensinándonos as rodas recen impresas na impresora 3D e, a continuación, tivemos que ir escollendo nós as pezas necesarias da caixa de repostos para o escornabot.
Nos próximos días seguiremos coñecendo máis cousiñas sobre este robot e remataremos por montalo.
Recordade que cando estea listo, o escornabot irá pasando polas casas de todos os nenos e nenas para que poidades coñecelo e xogar con el.




08/10/2017

PRÉSTAMO SEMANAL

O venres marchamos moi contentos para casa coas nosas mochilas vermellas do préstamo semanal. Cada neno/a escolleu o conto que quería levar e pegou a portada na libreta. Agora na casa só vos queda desfrutar coa lectura dos contos e completar a libretiña co debuxo e o título do conto e marcar se vos gustou ou non.
Recordade que para poder levar outro conto a semana que vén, tedes que traelo de volta antes do martes.



05/10/2017

A BIBLIOBN XA ESTÁ EN TWITTER

E para celebrar este acontecemento e animarvos a seguirnos fixemos este vídeo.


O NOSO TWITTER from biblio BN on Vimeo.

Premede na imaxe se queredes acceder ao noso Twitter
http://static1.squarespace.com/static/57bb7bddebbd1a30a1b06802/58193495be6594f54cb4d3b4/589223103a0411bd656fd3b0/1485974153174/Twitter.png?format=1000w

04/10/2017

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Hoxe no barrio azul celebramos o cumple de Sofía, que xa entrou no clube dos 3 aniños. Degustamos uns biscoitos con forma de osiños feitos por Sofi e pola súa mami que estaban riquísimos.
Parabéns Sofía!


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...