15/05/2024

PALABRAS QUE DEBUXAN

As nosas palabras en galego debuxan poesías.

Igual que o poema "Obelisco" de Luisa Villalta. Nós tamén debuxamos con palabras.


















13/05/2024

Semana das letras galegas

 Comezamos a mañá descubrindo quen foi 

LUISA VILLALTA

Clica na imaxe


Despois fixemos unha proposta de grafomotricidade coa Torre de Hércules como protagonista


E pola tarde, poesía e música da man de PABLO MARIÑO E ANA EDREIRA.

ISTO É PASTORIZA


Letras galegas. Isto é Pastoriza from biblio BN on Vimeo.

08/05/2024

XOGOS CON AUGA

 HOXE TIVEMOS O PATIO PARA NÓS SOLIÑOS! ASÍ QUE APROVEITÁMOLO AO MÁXIMO:


-Lavamos e tendimos roupa,

-Duchamos aos bebés.

-Cociñamos con "orbits" de cores

-Pintamos con auga e pulverizadores.

-Enchemos o patio de pompas!











07/05/2024

10 filliños do PETO

 O conto CHUVISCA, presentounos aos 4 fillos da mamá páxaro, e que xuntos forman a familia das VOGAIS.



E hoxe por fin coñecimos á familia do PETO!! Cos seus 10 filliños, fan a familia da DECENA!





04/05/2024

Volcán: o cabalo da Illa de Sálvora

 A Nai de Idris, visitou a BiblioBN para contar un conto neste mes das letras galegas. O protagonista do conto era un cabalo, e ela é experta en cabalos.

Polo que despois  compartiu con nós moita información sobre a súa egua Fury, explicounos as características máis importantes, trouxo moitos obxectos e imaxes e ata puidemos levar as riendas subidos nunha montura de verdade!

A información a complementamos co xogo do genially "Os cabalos"

GRACIAS SHAILA!






Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...