Aula azul: momentos na aula from biblio BN on Vimeo.
Axudados dunha plantillas onde se explica de xeito moi doado como debuxar algúns elementos da primavera, prácticamos o trazo e a representación da realidade
- Contamos pétalos: terá 10? máis de 10?
- A cor das camelias. Estampamos co martelo e elaboramos o recuncho das flores (se atopades flores polo camiño á escola, son benvidas.
-Xa que co aceite das camelias se elabora xabrón, a nosa mesa de experimentación convertiuse nun laboratorio de pompas
Neste mes do libro, e celebrando tamén o día das artes galegas, recibimos a visita de Carlos, ilustrador de contos e libros... e recreamos unha ilustración coa técnica do collage.
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...