25/10/2023
Semana de Samaín
O luns, unha bruxa viunos buscar á aula para ensinarnos unha sorpresa na biblio ( clica na seguinte imaxe para ver máis).
Despois diso o Peto desapareceu....o espantallo da Biblio asustouno....e iso que xa lle contaramos que é un espantallo divertido (pincha para disfrutar da canción).
Como queremos que volva estamos a preparar unha cabaza que espante os medos, coma as que se colocan a noite de Samaín para espantar a bruxas e diaños e malos espíritos...
22/10/2023
21/10/2023
COMEZA A INVESTIGACIÓN
Entre beho e becho, un día na asamblea Bruno contounos que na casa da súa avoa, no verán viu un GRILO.
O grupo recibiu con moita curiosidade a información, polo que estamos a investigar máis cousas sobre este becho.
1. Buscamos en internet cal era o que atoparon na casa da avoa.
2. Apareceu unha caixa misteriosa. Intentamos adiviñar o que había dentro sen mirar, agudizando o resto dos sentidos e traballando a imaxinación.
3. Cando abrimos a caixa descubrimos unha pista: unha paisaxe NOCTURNA dun campo. Como o becho non se deixaba ver, simulamos que era de noite como na caixa. E escoitamos....
CRI CRI CRI CRI.....(pena non ter grabado este momento...)
Descubrimos que o grilo é un becho nocturno, que canta de noite frotando as súas ás.
4. Xogamos coas letras das nosas iniciais, e descubrimos as letras da palabra GRILO asociando por igualdad.
5. O GRILO ademáis é pariente do SALTÓN.
XOANIÑA VOA, VOA
Allegra descubriunos que hai bechos que aparecen en poesías...
A XOANIÑA!
E atopamos esa poesía nun dos libros da Biblio, e aproveitamos para recitala a toda a escola un Martes de Poesía Expres.
E a clase encheuse de propostas gracias ao descubrimento desta poesía tradicional galega.
Xa case poden saír a voar as nosas XOANIÑAS!
Investigamos as BOLBORETAS
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
ILUSTRAMOS AO PALLASO MARIANO E CONSTRUIMOS COTORIZA LEMBRAMOS AS CASIÑAS DOS NÚMEROS TRABALLANDO A DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA MOVÉMONOS POLA...
-
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
Esta semana a Poesía Express descubriunos unha nova especie de ave: o peizoque, e serviunos para pescudar palabras relacionadas co monte. C...







