25/10/2023

Semana de Samaín

O luns, unha bruxa viunos buscar á aula para ensinarnos unha sorpresa na biblio ( clica na seguinte imaxe para ver máis).


 


Despois diso o  Peto desapareceu....o espantallo da Biblio asustouno....e iso que xa lle contaramos que é un espantallo divertido (pincha para disfrutar da canción).

Como queremos que volva estamos a preparar unha cabaza que espante os medos, coma as que se colocan a noite de Samaín para espantar a bruxas e  diaños e malos espíritos...







21/10/2023

Momentos de xogo na aula

 Un pouquiño desta semana...


Outubro nos recunchos from biblio BN on Vimeo.

COMEZA A INVESTIGACIÓN

 Entre beho e becho, un día na asamblea Bruno contounos que na casa da súa avoa, no verán viu un GRILO.

O grupo recibiu con moita curiosidade a información, polo que estamos a investigar máis cousas sobre este becho. 

1. Buscamos en internet cal era o que atoparon na casa da avoa.


2. Apareceu unha caixa misteriosa. Intentamos adiviñar o que había dentro sen mirar, agudizando o resto dos sentidos e traballando a imaxinación.


3. Cando abrimos a caixa descubrimos unha pista: unha paisaxe NOCTURNA dun campo. Como o becho  non se deixaba ver, simulamos que era de noite como na caixa. E escoitamos....

CRI CRI CRI CRI.....(pena non ter grabado este momento...)

Descubrimos que o grilo é un becho nocturno, que canta de noite frotando as súas ás.



4. Xogamos coas letras das nosas iniciais, e descubrimos as letras da palabra GRILO asociando por igualdad.

5. O GRILO ademáis é pariente do SALTÓN.



SEGUIMOS INVESTIGANDO


XOANIÑA VOA, VOA

 Allegra descubriunos que hai bechos que aparecen en poesías...

A XOANIÑA!


E atopamos esa poesía nun dos libros da Biblio, e aproveitamos para recitala a toda a escola un Martes de Poesía Expres.





E a clase encheuse de propostas gracias ao descubrimento desta poesía tradicional galega.







Xa case poden saír a voar as nosas XOANIÑAS!


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...