14/02/2020

OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA

Hoxe Alexis deleitóunos ca súa plantilla do eskornabot !!
Neste caso Alexis decidiu facela sobre os alimentos máis típicos de diferentes culturas do mundo, foi unha idea xenial 😁 ENCANTÓUNOS






11/02/2020

HORA DO EXPERIMENTO: tintamos flores

"TINTAMOS FLORES"

A semana pasada comezamos un novo experimento cas flores brancas que as familias achegástedes a nosa aula. En primeiro lugar observamos cales eran os materiales que tiñamos que empregar para facer o experimento:
  1. Flores brancas
  2. Auga
  3. Colorante alimenticio vermello, amarelo e azul
  4. Vasos 
Os nenos e nenas, coma sempre, fixeron as súas hipóteses sobre o que podía ocorrer co experimento, chegando a conclusión de que tiñamos que meter as flores nos vasos ca agua e os colorantes. Cada neno experimentou cos colorantes facendo novas cores (violeta, verde, laranxa...) e deixamos pasar o tempo, en concreto 7 DÍAS, e... mirade o que pasou... 






Experimento flores from biblio BN on Vimeo.

Despois de ver o resultado fixemos a nosa ficha da "hora do experimento", na cal os nenos e nenas plasman o experimento, as conclusións e os materiais necesarios para levalo a cabo. 




Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...