21/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO: O arco da vella

Onte, como tódolos luns, tivemos  a Hora do experimento, esta semá o fixemos sobre o arco da vella.
Comezamos lendo un conto no cal se explica a historia do arco da vella de forma lúdica, para pasar posteriormente a realización do experimento, o cal o podedes ver no seguinte vídeo.




Hora do experimento arco da Vella from biblio BN on Vimeo.

16/01/2020

VESTIMENTA EXIPCIA

Seguimos elaborando o noso disfraz de exipcios e exipcias. 
Se facemos un repaso xa temos os colares, brazaletes e tocados (diademas) exipcios elaborados.
Pois esta semana estivemos a confeccionar os traxes

Para facelos seguimos unha serie de pasos moi rigurosos:
1- Elixir a tela que máis nos gusta. 
2- Medir a nosa cintura cunha cinta métrica. 
3- Facer o patrón cas medidas. 
4- Recortar o patrón.

Podedes ver o proceso no seguinte video, e para ver o resultado final teredes que esperar un anaquiño... 😀


Disfraces egipcios from biblio BN on Vimeo.

14/01/2020

HORA DO EXPERIMENTO

A partir deste segundo trimestre, todos os luns imos facer un experimento, coa finalidade de acercar os nenos e nenas o método científico:
1- Observación
2- Hipótese
3- Experimentación

Este luns fixemos o experimento "neve con pañales", aproveitando o comezo da estación do INVERNO.

Podedes ver como foi a nosa aventura no seguinte vídeo.


Experimento nieve from biblio BN on Vimeo.

09/01/2020

Taller tocados exipcios

Seguimos confeccionando o noso disfraz de exipcios. Xa tiñamos os colares e os brazaletes exipcios rematados antes das vacacións de Nadal, e hoxe comezamos a elaborar os nosos tocados. Podedes ver o ben que estan a quedar no seguinte video. No futuro, máis e mellor !

Taller tocados egipcios from biblio BN on Vimeo.

08/01/2020

Voltamos o cole

Hoxe compartimos todas as nosas  experiencias do Nadal na asamblea, e despois debuxamos  o que mais nos gustou  como podedes ver nas imaxes


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...