24/11/2018

ENCONTRO: DÍA DA MÚSICA

O xoves, día 22 de novembro, celebramos o Día da Música cun encontro moi especial no espazo fedelleiro.
Clicando na imaxe podedes acceder aos vídeos e fotos desta actividade.




21/11/2018

OS OLLOS DA CHUVIA

Aproveitando a poesía express desta semana, levamos a cabo unha actividade artística empregando tinta de diferentes cores e goteros.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/martes-poesia-express.html

Primeiro, fixemos un debuxo nun papel de esbozo empregando un rotulador negro e despois co gotero deixamos caer sobre el gotas de cores.



20/11/2018

PRIMEIROS TRABALLOS DAS ÁRBORES

Xa van chegando os traballos que enviamos para casa relacionados co proxecto deste curso: #somosdemonte.


De momento, as árbores elixidas por Sofía, Erik, Rai, Claudia e Valeria Casanova foron o castiñeiro, a figueira, a cerdeira e o carballo e aprendemos cousas como que a madeira do carballo é moi boa, que a cerdeira procede do Xapón ou que a figueira foi unha das primeiras árbores cultivadas polo home e na Roma Antiga era considerada sagrada.


Moitas grazas polo voso traballo familias!

19/11/2018

NO MES DA CIENCIA...EXPERIMENTAMOS

O luns, Truco deixounos no seu baúl uns materiais un pouco estraños que acabamos deducindo que serían para levar a cabo un experimento, xa que dentro estaba o cadro de rexistro para os experimentos que nos deixara Celsa Ferrín na súa visita á biblioBN. 
O primeiro que fixemos, seguindo os pasos do pensamento científico, foi observar e comprobamos que tiñamos todos estes materiais: 2 macetas, 2 pratos, terra, 1 regadeira, 1 pala, 1 bolsiña con lentellas e un brick de zume de laranxa.


A continuación, elaboramos hipóteses sobre o que pensamos que pode ocurrir.


Unha vez realizado e xa que este non é dos experimentos que teñen unha resolución inmediata, só nos queda ter paciencia e agardar. Todos os días seguiremos regando as dúas macetas, unha con auga e a outra con zume. 
Estade atent@s para comprobar os resultados.


Para deixar constancia de todo isto, completamos o lapbook que nos deixou Celsa rexistrando os materiais que precisamos e as hipóteses que xurdiron.


15/11/2018

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Que ben o pasamos na festa do Magosto!
Primeiro bailando, cantando e comendo castañas coas familias.


E, despois, participando por equipos nos xogos populares.



Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!

14/11/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: DANIELA

Estes días o escornabot estivo na casa de Daniela quen disfrutou moito co contido da mochila e elaborou, coa axuda da súa nai, unha plantilla de árbores autóctonas dos montes galegos cunhas trampas de vermes polas que non se pode pasar.


Na clase, Daniela explicounos o modo de xogo e pasamos un rato moi entretido xogando con esta plantilla.


Moitas grazas familia!

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...