13/11/2018

SNOW

CHEGOU O FRÍO E, COMO NON, FÍXOO TAMÉN NA CLASE DE INGLÉS.

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE ESTA SEMANA DA SÚA BOLSA MÁXICA SAIU UN CONTO TITULADO “SNOW” DE SAM USHER QUE APROVEITARON PARA TRABALLAR AS PRENDAS DE VESTIR MÁIS QUENTIÑAS (HAT, SCARF, MITTENS, SHOES) ADEMAIS DOUTRO VOCABULARIO ENMARCADO DENTRO DAS RUTINAS DIARIAS (WASH, DRESS, PUT ON, TAKE OFF) E O TEMPO ATMOSFÉRICO (HOT, COLD).



AS NENAS E NENOS XOGARON A VESTIR E DESVESTIR A MONKEY, QUEN PASOU MOITO FRÍO ESTES DÍAS, E DISFRAZÁRONSE SEGUINDO AS ORDES EN INGLÉS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.





TAMÉN ESCOITARON E REPRESENTARON A CANCIÓN “I’M A LITTLE SNOWMAN”, E XOGARON CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA BASEADA NO VOCABULARIO A TRABALLAR.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

12/11/2018

INVESTIGACIÓN: RAPOSO

Como xa vos adiantamos hai uns días, estamos recompilando información sobre os raposos que habitan nos montes galegos e para deixala rexistrada elaboramos un panel cos datos máis relevantes.
Neste mural distribuimos a información en 5 epígrafes diferentes: 
- Como é? 
- Que come?
- Onde vive? 
- As crías 
- Hábitos


Para traballar algúns destes aspectos como son: o peso e a medida, empregamos unha báscula coa que comparamos o noso peso co dos raposos e un metro para marcar a medida destes animais e comparala coa nosa.


07/11/2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ERIK

O primeiro afortunado en levar para casa a mochila do escornabot foi Erik. 


Ademais de rexistrar na libreta a súa experiencia, ler os contos, ver a peli e xogar co escorna, fixo unha plantilla chulísima.
Como o tema do proxecto é #somosdemonte Erik, coa axuda da súa familia, elaborou unha plantilla de insectos do monte coa que podemos xogar de dúas maneiras diferentes: tirando o dado e levando o escornabot ata a casilla co insecto correspondente ou sacando unha carta da baralla e comprobando o número e a palabra que aparecen nela para despois conducir ao escorna ata o bichiño.


Moitísimas grazas pola vosa implicación familia!


06/11/2018

INICIAMOS NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Onte, con motivo do inicio do Mes da Ciencia, tivo lugar na biblioBN un encontro moi especial.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/mes-da-ciencia-en-galego-encontro-con.html

Tinytap: O monstro orquestra


Neste xogo do Tinytap podemos descubrir os instrumentos da canción "Monstro Orquestra" e como soan. Ademais ao final veredes os monstros musicais que construiu o alumnado do centro na semana do Samain


Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...