12/10/2018

POESÍAS DIVERSAS: POESÍA HOLOGRÁFICA

A poesía express deste martes falaba dun paxariño e viña acompañada dunha sorpresa que podedes ver se clicades na imaxe de abaixo.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/10/martes-poesia-express-caderno-de-fume.html

Aproveitando esta actividade, convertemos o paxariño nun crebacabezas o cal serviunos para traballar a motricidade fina coas tesoiras. Aquí tedes o resultado!

11/10/2018

Winnie the Witch


Benqueridos e benqueridas,

Achégase Halloween e iso empeza a notarse na clase de inglés.

Cóntanos Katrina que nos últimos días os nenos e nenas coñeceron a Winnie the Witch e ao seu gato Wilbur. 

Con eles están a practicar vocabulario relacionado coas cores, a desculpa e o agradecemento.

Deixámosvos o conto, e a canción, por se os queredes volver ver na casa.


Tamén vos deixamos unha mostras das actividades realizadas na aula, como son o ditado de cores, o puzzle de Wilbur, e o xogo co Escornabot. ENJOY!!

 



ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

09/10/2018

¡OJO, OSO!

Esta semana, na sesión adicada á grafomotricidade creativa, inspirámonos cun fermoso conto titulado "¡Ojo, oso!" para practicar o trazo en zig-zag.


Primeiro, reproducimos estes trazos no atril grande situado no corredor empregando pincel e témpera verde.


E, a continuación, debuxamos co rotulador da cor correspondente aos 5 animais que aparecen no conto (elefante, oso, raposo, sapo e formiga) representados por círculos de cores e tamaños diferentes. 

03/10/2018

PARABÉNS SOFÍA!

Sofi xa ten 4 anos e hoxe celebrámolo por todo o alto cun biscoito e unhas galletas riquísimas. Que cumpras moitos máis!


GRAFOMOTRICIDADE: O ARCO DA VELLA

En relación coa poesía express da semana pasada, aproveitamos para traballar a grafomotricidade con dúas técnicas distintas: seguindo os trazos dos diferentes arcos con rotuladores das cores que cada un quixera e, por outra banda, con pincel e empregando as sete cores que conforman o arco da vella.


29/09/2018

The napping house




Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.

Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,

Esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.

O fío condutor para contextualizar o traballo foron o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo. 

ENJOY!




ABRACADABRA, ABRACADIMAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

25/09/2018

POESÍA EXPRESS: O ARCO DA VELLA

Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos fomos os encargados de representar a poesía express do día e, para iso, escollemos un poema de Manuel María titulado "O arco da vella". Empregando a técnica do stop motion fixemos unha montaxe coas nosas voces.
Aquí tedes o resultado!


Para saber máis clicade na seguinte imaxe.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/09/martes-poesia-express-o-arco-da-vella.html

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...