13/03/2018

ENCONTRO MUSICAL

Hoxe gozamos dun encontro con Lorena, mestra da Escola de Música de Arteixo, que nos agasallou cun conto musicado coa axuda do seu saxofón. Foi unha actividade super divertida coa que aprendemos un montón de cousas sobre este instrumento.

O MUNDO AO REVÉS

Seguimos experimentando distintas formas de traballar a grafomotricidade. Neste caso dunha forma moi especial, colocamos un plástico transparente tenso entre dúas mesas e empregando brochas e pinturas acrílicas de varias cores practicamos diferentes tipos de trazos. 
Mentres uns pintaban, outros podían meterse debaixo da mesa para ser espectadores desde unha perspectiva diferente á habitual.
Encantounos este experimento!


11/03/2018

EXPERIMENTANDO COA LUZ

O venres, coa axuda da profe María, pasamos unha hora moi divertida no espazo fedelleiro coñecendo o funcionamento do retroproxector e experimentando cos efectos da luz.
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/momentos-retro-no-espazo-fedelleiro.html

01/03/2018

ÁBREME PORQUIÑO!

Premendo na imaxe poderedes ver a actividade tan divertida que fixemos hoxe, no espazo fedelleiro, na que contamos o conto "Os tres porquiños" dun xeito moi innovador.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/03/o-escornabot-e-os-tres-porquinos.html

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...