14/01/2018

PEQUENOS CASTELAOS

O venres inauguramos unha nova actividade titulada "C(r)oma galeg@s" coa que nos imos caracterizar de persoeiros ilustres galegos. Comezamos coa figura de Castelao que é o protagonista do calendario deste mes de xaneiro.

Mirade que elegantes estamos! 
  

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Clicando na seguinte imaxe podedes acceder a un repositorio de información de interese para a elaboración dos disfraces do entroido.


10/01/2018

COMEZAMOS O ANO CON SORPRESAS

Non puidemos comezar o ano de mellor maneira. O luns, cando chegamos a clase, descubrimos que a nosa mascota, Truco, nos deixara unha caixa de regalo. Ao abrila, comprobamos que era un xogo de xeados chulísimo que nos vai a vir xenial para traballar a lóxica matemática.
Unha vez que rematamos as rutinas, puxémonos mans a obra para aprender a xogar. O xogo consiste en lanzar un dado e contar os puntiños que nos saíron e, unha vez feito isto, atopar o cucurucho de xeado que contén ese número. A continuación, debemos colocar enriba do cucurucho tantas bolas como indica o número.
Gustounos moito e xa o temos colocado na nosa estantería cos demais xogos de mesa para poder utilizalo cando queiramos. Moitas grazas Truco! 


07/01/2018

OS NOSOS LUGARES FAVORITOS DE GALICIA

Aquí van os primeiros vídeos dos nenos e nenas que levaron o sobre amarelo para elixir en familia o seu lugar favorito de Galicia. A volta das vacacións, o sobre continuará viaxando polas casas que faltan.













21/12/2017

FESTIVAL DE NADAL

Clicando na imaxe podedes acceder a todos os vídeos das actuacións do festival.
Os nosos animais da orquestra fixérono xenial! Agardamos que vos gustara.
Que pasedes unhas felices festas. Vémonos á volta!

20/12/2017

ACTIVIDADES DE NADAL

Antes de marcharnos de vacacións de Nadal, estes días estivemos recibindo visitas moi importantes e facendo unhas actividades en grupo chulísimas.
O luns entregámoslle ao carteiro real as cartas coas nosas peticións para os Reis Magos de Oriente.
O martes, tivemos como sempre a poesía express, pero esta vez viña acompañada dunha sorpresa luminosa.

Unha vez que rematamos con esta experiencia multisensorial, puxémonos mans á obra para facer unha deliciosa receita de bombóns de chocolate e cereais. Clicade na imaxe para saber máis.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/12/cocinando-no-espazo-fedelleiro-nadal.html
E hoxe, mércores, na biblioBN recibimos a visita do Apalpador que, como xa viramos no conto de "Antón e o Apalpador", vive nas montañas do Courel e na noite do 24 de decembro baixa ata as casas dos nenos/as para apalparlles a barriguiña e saber se están ben mantidos e se comen de todo e así deixarlles unha presa de castañas e un xoguete feito por el coa madeira das árbores das fragas e devesas do Courel.

E mañá agardámosvos a todos/as no festival de Nadal. Que nervios!

17/12/2017

ENCONTRO: O MEU LUGAR FAVORITO DE GALICIA

O pasado venres, na biblioBN, tivo lugar un encontro informativo no que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos puxemos en común os nosos lugares favoritos de Galicia elixidos coas familias.
Clicando na imaxe podedes acceder a información.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/12/compartindo-informacion-o-meu-lugar.html
De momento, estes son os lugares elixidos polas familias de 3 anos. No 2º trimestre realizaremos outro encontro cos nenos e nenas que faltan.

Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...