17/12/2017

MANUALIDADES DE NADAL

Aproveitando estas datas navideñas, estamos elaborando moitos adornos para decorar a nosa aula e o cole. Por un lado, con materiais de refugallo fixemos unhas estrelas con cartón e lás e unhas bolas con restos de papeis.
Para participar na iniciativa Nadal Solidario do Concello de Arteixo, fixemos a nosa postal empregando canicas e unha árbore deseñada coa impresora 3D. Aquí podedes ver todo o proceso.

http://novosnobarrio.blogspot.com.es/2017/12/postais-do-nadal-solidario.html
E coa vosa colaboración fixemos unha preciosa árbore de Nadal que preside a entrada do cole chea de palabras fermosas en galego.

13/12/2017

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA CON HERVÉ TULLET

O outro día estivemos traballando a grafomotricidade dunha forma moi divertida e creativa. 
Primeiro, vimos o conto de Hervé Tullet "Juego de componer arte" e fomos facendo con el as nosas propias composicións e, despois, levamos todo iso ao papel.


Nun folio dinA3 había 5 puntiños, os cales tiñamos que unir mediante liñas rectas de cor negra e, unha vez feitas as liñas co pincel, pasamos a debuxar círculos de diferentes cores.
Estes foron os resultados. Estamos feitos uns artistas!




07/12/2017

POESÍA EXPRESS E ENTREGA DE PREMIOS

Agora que chega o frío, a Poesía Express do martes estivo relacionada coa neve. Un poema precioso de Vicente Huidobro, recitado por María José coa axuda dos nenos e nenas de 5 anos.

POESIA EXPRESS VICENTE HUIDOBRO from biblio BN on Vimeo.

Ademais, na biblioBN asistimos a entrega de premios  aos participantes no II Concurso fotográfico de oficios artesanais na romaría de San Miguel.
Parabéns aos premiados!




06/12/2017

COÑECEMOS A DOMINGO FONTÁN

Aquí tedes a información que estivemos a aprender durante todo o mes de novembro (Mes da ciencia en galego), en relación con Domingo Fontán e a súa carta xeométrica.
Ademais, para gravar este vídeo empregamos unha técnica nova: o croma. Foi divertidísimo!

03/12/2017

FEDELLANDO COS NÚMEROS

O espazo fedelleiro estanos dando moito xogo, xa que nel aproveitamos para facer un montón de actividades divertidas coas que aprendemos cousas novas.
A semana pasada estivemos traballando cos números de diferentes maneiras: por un lado, empregamos a mesa de luz para facer o trazo do noso número de lista (fixémolo con sal e tamén colocando pedriñas de cores).




E, por outra banda, xogamos coas regletas e co escornabot (sacábamos unha tarxetiña cun número, buscábamos a regleta correspondente na caixa e, finalmente, levábamos o escornabot ata a casilla dese número).


01/12/2017

VOLVEMOS SER NOTICIA!

Esta vez no xornal "La Voz de Galicia" do día de hoxe, na sección de Arteixo.
Clicando na imaxe podedes ler a noticia na sección dixital do xornal.

.

E falando da prensa, estes días estivemos a traballar moito con ela. Ademais de ver as dúas noticias nas que nós somos os protagonistas, estivemos achegándonos a este medio de comunicación, e traballamos específicamente cunha noticia relacionada cun tema que está moi de actualidade: a sequía e o baixo nivel dos embalses.
Observamos a noticia, as partes das que se compón: titular, imaxe, pé de foto, corpo da noticia..., situamos o embalse de Grandas de Salime no mapa e, despois, falamos da importancia de aforrar auga, o cal xa estamos poñendo en práctica no cole cando lavamos as mans antes da merenda.





Investigamos as BOLBORETAS

 As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e  buscamos ...