CALENDARIO
SEGUIMOS CO TRABALLO DO CALENDARIO.
CONVERSAMOS SOBRE QUE DÍA É HOXE, BUSCÁMOLO NO CALENDARIO, OBSERVAMOS E ANALIZAMOS QUE DÍA FOI ONTE, QUE DÍA É MAÑÁ.
XOGAMOS A BUSCAR UN DÍA EN CONCRETO E O NENO/A DEBERÁ LOCALIZALO NO CALENDARIO (XOGAMOS A IR IDENTIFICANDO DIFERENTES NÚMEROS).
CADA DÍA REPASAMOS OS DÍAS DA SEMANA, OS MESES DO ANO E AS LETRAS QUE CONFORMAN TODOS OS NOSOS NOMES E APELIDOS, E FACÉMOLO AO SON DAS SEGUINTES CANCIÓNS:
CONVERSAMOS SOBRE QUE DÍA É HOXE, BUSCÁMOLO NO CALENDARIO, OBSERVAMOS E ANALIZAMOS QUE DÍA FOI ONTE, QUE DÍA É MAÑÁ.
XOGAMOS A BUSCAR UN DÍA EN CONCRETO E O NENO/A DEBERÁ LOCALIZALO NO CALENDARIO (XOGAMOS A IR IDENTIFICANDO DIFERENTES NÚMEROS).
CADA DÍA REPASAMOS OS DÍAS DA SEMANA, OS MESES DO ANO E AS LETRAS QUE CONFORMAN TODOS OS NOSOS NOMES E APELIDOS, E FACÉMOLO AO SON DAS SEGUINTES CANCIÓNS:
HOXE É 24 DE MARZO DE 2020.
VISITAMOS A PÁXINA DE WWW.METEOGALICIA.ES OU MIRAMOS POLA FIESTRA PARA REVISAR O TEMPO.
NUN FOLIO ESCRIBIMOS O NOSO NOME E A DATA CURTA: 24/03/2020,
POR ÚLTIMO FACEMO UN DEBUXO DO NOSO PROPIO CORPO. PERFILÁMOLO E COLOREÁMOLO.
CONTO:
ACTIVIDADES A PARTIR DO CONTO:
- CONVERSA SOBRE O CONTO: QUEN ERA A PROTAGONISTA, QUE LLE PASABA, POR QUE, COMO ACABOU A HISTORIA.
- ESCRIBIR CON LAPIS NOME E DATA CURTA POR UNHA CARA DO FOLIO.
- POLA OUTRA, ESCRIBIR O TÍTULO DO CONTO CON LAPIS. REPASAR CON ROTULADOR.
- FACER UN RETRATO DE FLORA OU DE MICHA, TENDO EN CONTA COMO É O SEU PELO, OS SEUS OLLOS... TEDES TRES OPCIÓNS, ELEXIDE UNHA:
ENGLISH:
NOVA PROPOSTA DA PROFE KATRINA: "THE GOOD THINGS JAR" OU BOTE DAS COUSAS BOAS E BONITAS. CLICADE NA SEGUINTE IMAXE PRA VER A PROPOSTA:
XOGO DE LINGUAXE:
PREME NA IMAXE PARA VER O XOGO DE HOXE PROPOSTO PARA TRABALLAR A LINGUAXE.
ARTE:
O MES DE MARZO, TEN COMO HOMENAXEADO NO NOSO CALENDARIO AO PINTOR E ESCULTOR GALEGO JORGE PETEIRO, NACIDO NA CORUÑA.
PETEIRO CONVERTEU A PINTURA NUN CALEIDOSCOPIO CHEO DE IMAXES CONSTRUÍDAS COA CAMBINACIÓN DAS CORES. COMO SE PODE OBSERVAR, UTILIZABA MOITAS CORES, SEMPRE ROTULADAS CON COR NEGRA.
A SÚA LINGUAXE GAÑOU EN IMPACTO VISUAL. A SÚA PINTURA SEMPRE MANTIVO A TEMÁTICA DAS PAISAXES. TAL E COMO SE APRECIA NAS OBRAS QUE MOSTRAMOS, ENCANTÁBALLE O MAR!
ACTIVIDADES PROPOSTAS:
1. VER COS PEQUENOS/AS AS DIFERENTES OBRAS DE JORGE PETEIRO, E COMENTALAS.
2. FALAR DE CAL LLES GUSTOU MÁIS, MENOS, POR QUE, E A TEMÁTICA DE CADA UNHA DELAS.
3. COLLER UN FOLIO E ESCRIBIR NOME E DATA CURTA (24/03/2020)
4. POLA OUTRA CARA DO FOLIO FACER O SEU PROPIO CADRO INSPIRÁNDOSE EN JORGE PETEIRO.
5. AQUELES QUE VÍCHEDES A VISITA GUIADA POLA TORRE DE HÉRCULES DO 17 DE MARZO PODEDES XOGAR A BUSCAR AS TORRES QUE HAI NOS CADROS DO PINTOR, RODEALAS E DEBUXALAS.
LEMBRADE ENVIAR OS TRABALLOS DOS NENOS E NENAS O GMAIL DA AULA AZUL DE 5 ANOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario