Pechamos a semana da prensa cunha NOVA de portada!
14/03/2025
13/03/2025
01/03/2025
AMBIENTES DE APRENDIZAXE NA AULA AZUL
Así comezamos a dinámica dos XOVES. Elexindo a aula (ambiente preparado relacionado a unha área ou proposta de aprendizaxe) na que aprenderemos durante as sesións de despois do recreo.
Unha vez que xa pasaron polas tres aulas e saben os materiais que se van a atopar, os nenos e neneas elixen libremente a aula á que queren ir, respectando o AFORO dispoñible.
AULA LARANXA: Xogo simbólico e vida práctica
AULA ROSA: Arte e lectoescritora
AULA AZUL: Lóxica matemática e construccións.
Os agrupamentos MIXTOS (nenos e nenas das tres idades), permiten a aprendizaxe entre IGUAIS, e asumir ROLES diferentes.
Na aula azul son expertos nos materiais que temos e por iso, cando outros nenos/as visitan a nosa aula, son os eles mismos os que explican o uxo e manexo das propostas e as normas a seguir en cada recuncho.
Aquí añgúns dos espazos:
PROPOSTAS INDIVIDUAIS ou EN PARELLAS
PUZZLES, ESTIMACIÓN DE PESOS, ORIENTACIÓN ESPACIAL
PROPOSTAS GRUPAIS DE CONSTRUCCIÓN NA TUFFTRAY: MINIMUNDOS
Construcción dunha historia a través do xogo na que poñen en práctrica a imaxinación, a estimulación oral, traballo en equipo, a orientación espacial en plano e en relieve...
Coa ubicación dos espellos tamén experimentan e introducimos as simetrías:
e ao rematar, o momento da recollida, é tamén un momento de aprendizaxe xa que traballan a clasificación e a lóxica:
Outros materiais para a creación de historias:
XOGO EN EQUIPO : IMANIX CON TOBOGÁN
Planificación de recorridos, o ensaio-erro, a anticipación da acción que va a acontecer, aresolución de problemas, establecer acordos...COMPARTIR!
PROPOSTAS DE CREACIÓN LIBRE:
ASOCIACIÓN DA SOMBRA AO ANIMAL
Este tipo de pedagoxías (flexibles) permiten que cada neno/a poda aprender desde o seu momento evolutivo, e as propostas podense adecuar á diversidade da aula. Polo tanto estamos contribuíndo ao dominio da competencia "Aprender a aprender" respectando os seus ritmos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Investigamos as BOLBORETAS
As nosas eirugas de SEDA e MACAÓN seguen a medrar, pero queremos saber máis sobre as BOLBORETAS!!! Atopamos fondos na BiblioBn e buscamos ...
-
Esta semana, Jennifer, nuestra auxiliar de conversación irlandesa, ha sido quien ha llevado a cabo los viernes de Online Storytelling. Nos ...
-
Para celebrar o Samaín, onte fomos de visita ao Ceip Galán onde puidemos contemplar a súa enorme exposición de cabazas, visionamos unhas cu...
-
Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traba...



















