27/09/2017

POESÍA EXPRESS

Onte, na poesía express, coñecemos un dos símbolos de Galicia, o escudo. Mediante a escoita dun poema de Manuel María, aprendemos que no escudo hai un cáliz, unha coroa e sete cruces que simbolizan os antigos sete reinos nos cales se dividía Galicia.
Premede na imaxe para ver máis.


26/09/2017

OUTONO SENSORIAL

Este luns, no espazo fedelleiro, fomos testigos da chegada do outono a Barrionovo. A través dos versos de Rosa María Serdio fomos experimentando diferentes sensacións.
Premede na imaxe para saber máis.

25/09/2017

ANIVERSARIO DE VALERIA CASANOVA

Hoxe celebramos o primeiro aniversario deste curso. Valeria Casanova cumpriu tres aniños e trouxo un biscoito feito na casa que estaba riquísimo. Encantounos!
Parabéns Valeria!


23/09/2017

PRIMEIRAS ACTIVIDADES EN GRUPO

O xoves participamos por primeira vez nunha actividade grupal cos nenos e nenas das aulas laranxa e rosa. Na biblioBN tivemos o noso primeiro encontXo co Bestiario de Galicia.
Pica na imaxe para saber máis.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/09/encontxo-co-bestiario-de-galicia-i.html
 E o venres foi día de EnCURTAS, para dar a benvida ao outono visionamos unha curta de Disney coa música de Antonio Vivaldi.

20/09/2017

BIBLIOTECA E ESPAZO FEDELLEIRO

Estes días o Polo Pepe, a nosa mascota de aula, estaba un pouco aburrido na clase esperando por nós e decidiu ir facer excursións polo cole.
Un día tivemos que ir buscalo á BiblioBN onde nos agardaba cun conto moi bonito titulado "Queres xogar comigo?" que aproveitamos para que a profe Irene nolo contara e despois estivemos a mirar contos nós mesmos.

Hoxe Pepe foi de visita ao Espazo Fedelleiro e deixounos unha nota na clase para que foramos xogar con el alí. Pasámolo xenial coas pezas de madeira, saíron construccións de todo tipo: castelos, carreteiras, teclados de pianos, torres, templos...




19/09/2017

CANTAS NOVIDADES!

Hoxe foi un día con moitas sorpresas.
Cando chegamos a clase descubrimos que xa estaban colocados nos percheiros os carteliños que fixeramos fai uns días nos que pintamos a bandeira de Galicia cun rodillo e pintura de cor azul e lles pegamos tamén a nosa foto e o noso nome.


 Despois, fomos á zona da asemblea onde había un carteliño novo coa lista de encargados/as. Hoxe tocoulle a Gad ser o maquinista do tren (primeiro da fila) e ir pasando lista para saber se estabamos todos no cole. 

Por último, tamén tivemos que atopar as nosas cadeiras. En cada una delas está posto o noso nome coa nosa foto para que saibamos onde nos temos que sentar. Buscando e buscando fomos atopando os nosos sitios.





18/09/2017

OS LUNS...FROITA

Hoxe foi o noso primeiro día merendando no cole e fixémolo xenial. Como é luns tocounos traer froita, había de todo un pouco: mazás, plátanos, uvas, melón, mandarina... todas riquísimas.





15/09/2017

DECORAMOS AS NOSAS INICIAIS

Outra das actividades que estamos a realizar durante o período de adaptación é o recoñecemento das iniciais dos nosos nomes.
Primeiro, escribimos na pizarra dixital os nomes dos nenos e nenas da clase e identificamos as letras iniciais de cada un, despois vimos un vídeo cunha canción das letras do abecedario e tiñamos que estar atentos e levantar a man cando saíra a nosa inicial e, por último, decoramos as letras con gomets de cores.
Mirade que bonitas quedaron!





13/09/2017

PRIMEIROS DÍAS NO COLE

Só levamos tres días no cole e xa fixemos un montón de cousiñas: contamos contos, cantamos cancións, xogamos coas construccións, cos crebacabezas, coa cociña..., incluso tivemos tempo de converternos en artistas. Coa axuda dos profes Pablo e María José fixemos a nosa obra de arte empregando rodillos e témperas de moitas cores. Quedounos chulísimo!



12/09/2017

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Os peques de 3 anos comezamos o luns co período de adaptación e estámolo levando moi ben. Imos pouquiño a pouco, lentos pero seguros.
Aquí vos deixo un recordatorio cos horarios destes días.
 

01/09/2017

BENVIDA

Ola familias!
Dámosvos a benvida ao noso blogue, O Barrio Azul.
Con el manterémosvos ao tanto de todas as actividades que vaiamos realizando no cole e tamén proporcionarémosvos información sobre páxinas de interese en relación cos contidos traballados.
Desexamos que vos guste!

Día das letras galegas 2024

Rematamos a semana das letras galegas co noso mural das nosas palabras favoritas en GALEGO! No mural conviven os edificios máis relevantes...