23/06/2018

FESTIVAL FIN DE CURSO

A volta a Galicia chegou ao seu fin e o pasado xoves demos por rematado o curso co festival.
Os nenos e nenas da aula azul interpretamos a canción "Fun ao mercado"


E, despois, presentamos o traballo realizado ao longo do curso en relación cos persoeiros galegos e as novas tecnoloxías.


Coa profe Carolina interpretamos en inglés o conto "Pete, the cat".


E, para finalizar, aquí tedes o croma no que participastes as familias.


Moitas grazas a tod@s!
Que pasedes un bo verán, disfrutade das vacacións. Vémonos en setembro!

PORTADAS DOS TRABALLOS

A semana pasada estivemos moi atarefados preparando as cousiñas para levar todos os traballos realizados ao longo do curso á casa.
Para elaborar as portadas, empregamos unha técnica moi especial: 
Botamos unhas gotiñas de témpera de cores sobre unha cartulina branca e extendemos a pintura cun limpacristais.


Sobre un papel usado, facemos o debuxo do noso esquema corporal e, por último, escribimos o noso nome nunha etiqueta e pegamos todo sobre a cartulina.
Así nos quedaron, agardamos que vos gustaran todos os traballos que os peques levaron para casa.



16/06/2018

13/06/2018

CLASIFICANDO POR CORES

A mesa de luz está dando moito xogo. 
O martes, no taller de mates, aproveitamos para traballar as cores dun xeito moi divertido.


Na mesa de luz colocamos uns recipientes de distintas cores e, a continuación, tiñamos que meter dentro de cada un as pezas da cor correspondente.


09/06/2018

ENCONTROS CO PDB

Nesta semana realizamos 3 encontros co CEIP Ponte dos Brozos.
O luns fomos de visita e recibíronnos con moito entusiasmo e dedicación. Alí puidemos coñecer un xogo de robots para o Ipad e fabricamos un aerodeslizador con materiais de refugallo.


O martes e o mércores os anfitrións fomos nós. Na nosa escola, explicámoslles as plantillas para o escornabot que realizamos coas familias en relación co proxecto deste curso, o manexo do Bluebot desde o Ipad, as carautas deseñadas por nós e impresas na impresora 3D...

                     

Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial! 
Moitas grazas aos nosos amigos/as do PdB e ás súas mestras.

06/06/2018

TALLER DE MATES: ANIVERSARIOS

No taller de mates seguimos a traballar cos números inspirándonos no conto "Crecer" e, nesta ocasión, tocoulle a uns números moi especiais e significativos para nós: os das nosas datas de nacemento.

 

Primeiro, fomos colocando as nosas fotos e rodeando o día do noso aniversario no mes correspondente.


Tamén descubrimos que cada mes se corresponde cun número: xaneiro é o mes número 1, febreiro o 2 e así sucesivamente ata decembro. E estes números empregámolos para escribir a data curta na nosa táboa de rexistro.


02/06/2018

"LA CORTA HISTORIA DE UNA GOTA"

O luns disfrutamos coa fermosa historia de "La corta historia de una gota" de Beatrice Alemagna, a cal nos serviu para crear a nosa propia composición.


Inspirándonos nas ilustraciones do conto, fixemos as nosas propias obras de arte mesturando círculos de distintas cores e texturas e debuxando círculos coas ceras Manley.


Aquí tedes unha mostra.

Día das letras galegas 2024

Rematamos a semana das letras galegas co noso mural das nosas palabras favoritas en GALEGO! No mural conviven os edificios máis relevantes...