No taller de mates seguimos a traballar cos números inspirándonos no conto "Crecer" e, nesta ocasión, tocoulle a uns números moi especiais e significativos para nós: os das nosas datas de nacemento.
Primeiro, fomos colocando as nosas fotos e rodeando o día do noso aniversario no mes correspondente.
Tamén descubrimos que cada mes se corresponde cun número: xaneiro é o mes número 1, febreiro o 2 e así sucesivamente ata decembro. E estes números empregámolos para escribir a data curta na nosa táboa de rexistro.