Hoxe, no taller semanal adicado as mates, comezamos o traballo en relación co marabilloso conto "Crecer" de Eleonora Marton.
Nesta ocasión, descubrimos que os números están por todas partes, incluso nos nosos pés. E por iso, comezamos a investigar o número de pé de cada neno/a.
Primeiro, comparamos a simple vista.
A continuación, buscamos o número que hai en cada zapato. Comprobamos que non sempre aparece no mesmo sitio.
Unha vez feito isto, rexistramos na pizarra-porta do espazo fedelleiro o número de pé de cada un ao lado do noso nome.
Finalmente, comprobamos quen ten o número maior e, polo tanto, o pé máis grande, quen ten o máis pequeno, cantos nenos/as da clase teñen o mesmo número...
No hay comentarios:
Publicar un comentario