Entre beho e becho, un día na asamblea Bruno contounos que na casa da súa avoa, no verán viu un GRILO.
O grupo recibiu con moita curiosidade a información, polo que estamos a investigar máis cousas sobre este becho.
1. Buscamos en internet cal era o que atoparon na casa da avoa.
2. Apareceu unha caixa misteriosa. Intentamos adiviñar o que había dentro sen mirar, agudizando o resto dos sentidos e traballando a imaxinación.
3. Cando abrimos a caixa descubrimos unha pista: unha paisaxe NOCTURNA dun campo. Como o becho non se deixaba ver, simulamos que era de noite como na caixa. E escoitamos....
CRI CRI CRI CRI.....(pena non ter grabado este momento...)
Descubrimos que o grilo é un becho nocturno, que canta de noite frotando as súas ás.
4. Xogamos coas letras das nosas iniciais, e descubrimos as letras da palabra GRILO asociando por igualdad.
5. O GRILO ademáis é pariente do SALTÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario