O pasado martes os nenos e as nenas da aula azul puideron descubrir como se forman os volcáns e incluso tivemos a oportunidade de facer un caseiro nos mesmos/as. Pero que precisamos??
INGREDIENTES:
- Unha botella
- Colorante alimenticio (opcional)
- Un vasiño de vinagre
- Unha cucharada de xabón líquido
- Unha cucharada de bicarbonato
PRECESO:
- Engadimos unhas gotiñas de colorante á botella, acto seguido incorporamos o vasiño de vinagre e a cucharada de xabón e removemos coidadosamente. Por último espolvoreamos a cucharada de bicarbonato e... MÁXIA!!!!! Xa temos o noso volcán!
Provádeo a facelo na casa! É moi divertido!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario