13/09/2020

Rutinas da aula

Pouco a pouco imos coñecedendo as que serás as nosas rutinas na aula. Estes primeiros días a través dos xogos as iremos coñecendo.

Cando chegamos imos directos ao noso sitio a esperar a que todos os amigos/as rematen de sacar os zapatos e colguen a mochila. Na mesa sempre temos unha proposta de xogo para que a espera sexa o máis amena posible.



Cando xa estamos listos, temos que recoller os materiais e lavar as mans e a mesa. Os materiais que usamos botámolos no contenedor de xoguetes para desinfectar ou poderemos limpalos nós mesmos (dependendo da proposta).

Despois sentamos na asamblea e presentamos as  actividades que faremos alternando os equipos.

Volta a recoller e a prepararnos para despedirnos ata o seguinte día. 

Por certo, nos nosos caseilleiros xa temos as fotos dos peregrinos e peregrinas que fixemos coas nosas familias.


GRACIAS!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COÑECEMOS A CASA DO 10 E A DECENA

 HOXE ROSANA, COMPARTIU UN RATIÑO NA AULA E CONTOUNOS O CONTO DOS AMIGOS DO 10.  DESPOIS XOGAMOS A DESCOMPOÑER NÚMEROS, ORDENÁMOLOS NA RECTA...