A semana pasada tivemos unha actividade intercentros co cole Emilia Pardo Bazán, na cal fixemos unha videollamada para intercambiar experimentos científicos entre os nenos e nenas de ambos colexios.
Os nenos e nenas de 2º EP, do outro cole, nos ensinaron un experimento chamado "o volcán", e nos, os nenos e nenas da aula azul, lles ensinamos un experimento chamado "pódese ver a música"? o cal xa fora presentado na biblioteca por Lara e Jacob uns días atrás.
Podedes velo aquí:
Peche mes da ciencia: Ver a música from biblio BN on Vimeo.
Aproveitando a motivación dos nenos e nenas co experimento que nos ensinaron os do outro cole, probamos a facelo na nosa aula, coa axuda da profe Lara, e coa aportación dalgúns ingredientes que se foron traendo a aula. No seguinte video podedes ver os grandes científicos que son os vosos cativos.
Experimento volcán from biblio BN on Vimeo.
17/12/2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Rematamos o trimestre
Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traba...
-
Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traba...
-
CÓNTANOS KATRINA QUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS, AS SESIÓNS DE INGLÉS ESTIVERON ENMARCADAS POLO CONTO "GO AWAY BIG GREEN MONSTER" GRAZAS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario