10/01/2019

MAGIC WAND IS MISSING!!

ANTES DAS VACACIÓNS, NA CLASE DE INGLÉS HOUBO UN GRAVE PROBLEMA: A TAN QUERIDA VARIÑA MÁXICA DE KATRINA, MAGIC WAND, DESAPAREU DA BOLSA.
SEN ELA, NON É POSIBLE FACER MAXIA, COMO FACER APARECER A MONKEY, CONTOS NOVOS, MATERIAL PARA XOGAR OU NOVAS PLANTILLAS PARA O ESCORNABOT.

O TEMA ERA SERIO, ASÍ QUE TODAS E TODOS PUXÉRONSE MANS Á OBRA:

EN PRIMEIRO LUGAR TRATARON DE ATOPAR A MAGIC WAND. PARA ISO DEBUXÁRONA TAL E COMO A LEMBRABAN E FIXERON CARTACES COA PALABRA "MISSING" (DESAPARECIDA) QUE PEGARON POR TODA A ESCOLA.

COMO NON A ATOPABAN, DECIDIRON CREAR UNHA NOVA VARIÑA. 

PENSARON EN DIFERENTES SOLUCIÓNS, A PRIMEIRA FOI A PLASTILINA, MAIS, DESPOIS DE VARIOS INTENTOS, DECATÁRONSE DE QUE OS RESULTADOS ERAN POUCO RESISTENTES, AS VARIÑAS NON FUNCIONABAN E DESFACÍANSE CON FACILIDADE.

FINALMENTE TIVERON A GRAN IDEA DE CREAR UNHA NOVA E IMPRIMILA EN 3D.

DESEÑÁRONA ELAS E ELES MESMOS EMPREGANDO O PROGRAMA ONLINE TINKERCAD E IMPRIMÍRONA NA IMPRESORA 3D QUE TEMOS NO FEDELLEIRO.

ESTA SEMANA APARECEU NA BOLSA DE KATRINA DE NOVO E PUIDERON, POR FIN, FACER APARECER A MONKEY, NOVAS HISTORIAS E XOGOS FASCINANTES.



ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BROCHETAS DE FORMAS XEOMÉTRICAS