O luns, Truco deixounos no seu baúl uns materiais un pouco estraños que acabamos deducindo que serían para levar a cabo un experimento, xa que dentro estaba o cadro de rexistro para os experimentos que nos deixara Celsa Ferrín na súa visita á biblioBN.
O primeiro que fixemos, seguindo os pasos do pensamento científico, foi observar e comprobamos que tiñamos todos estes materiais: 2 macetas, 2 pratos, terra, 1 regadeira, 1 pala, 1 bolsiña con lentellas e un brick de zume de laranxa.
A continuación, elaboramos hipóteses sobre o que pensamos que pode ocurrir.
Unha vez realizado e xa que este non é dos experimentos que teñen unha resolución inmediata, só nos queda ter paciencia e agardar. Todos os días seguiremos regando as dúas macetas, unha con auga e a outra con zume.
Estade atent@s para comprobar os resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario