Benqueridos e benqueridas,
Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de
inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e
final de cada sesión durante todo o curso.
Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,
Esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.
O
fío condutor para contextualizar o traballo foron o conto The Napping House
e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que
vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo.
ENJOY!
ABRACADABRA, ABRACADI, MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario