Xa levamos días aprendendo moito do corpo. Todos iguais e todos distintos á vez.
Observamos e calsificamos a cor dos nosos ollos (o IRIS) e da pel (retrato de outubro), falamos do sentido da vista e xogamos a xogos de ver e non ver (veo, veo, escondite, escondite inglés...). Coñecemos as letras BRAILLE). Descubrumos na nosa pel o sentido do tacto (tamén nos pés).
Visitounos a nai de Xoel e falamos do sexo do bebé, e do noso.
Nova rutina:contar cantos nenos e nenas estamos na escola cada día.
Facemos en equipo os puzzles do corpo humano: órganos e esqueleto (canción do corpo humano:https://kalandraka.tv/gl/videos/o-esqueleto-canta-connosco-migallas-teatro).
Lemos moita información nos libros sobre o corpo.
Descurbimos novos paxaros: URUTAÚ (ou ave bruxa). Cantamos o conto "Paxaros" ( https://kalandraka.tv/gl/
Dona Semaniña presenta a súa árbore que indica a estación na que estamos e irá cambiando durante o curso.
Observamos a placa petri que nos entregou a nai de sabela na súa visita. Vemos xermes e virus das nosas mans.
Inventamos co "museo de tronquito". Facemos formas xeométricas cun cordón e as patas das nosas cadeiras.
Buscamos solucións ao problema da lama. Sinalizamos as zonas.